Skip to main content
Chantada

Éxito de participación na charla impartida por Martina González Veiga en Chantada

Por 20 Marzo, 2022Marzo 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Chantada acolleu no día de onte, 19 de marzo, un obradoiro sobre como educar en sexualidade ás nenas e nenos impartido pola psicóloga sanitaria especializada en sexología, Martina González Veiga de Con mucho gusto.

A charla, de gran interese, fixo fincapé en educar en sexualidade ás rapazas e rapaces falando entre outras moitas cousas da importancia do coñecemento do propio corpo e de quererse e auto-cuidarse.

O público obxectivo desta charla eran pais, nais, docentes e interesados maiores de 16 anos.

Esta actividade enmarcada na programación organizada pola Concellería de Igualdade e o CIM, Centro de Información ás Mulleres de Chantada en torno ao Día Internacional da Muller. Este ciclo continuará hoxe, domingo coa proxección do filme para todos os públicos Frozen 2.

Nesta programación tamén se inclúen actividades nos centros de ensino da vila. Desta forma os alumnos poderán desfrutar dun Escape Room Igualdade os días 22 e 23 de marzo no Eloísa Rivadulla e os días 23 e 24 de marzo no Xoán de Requeixo. Ademais, os centros acollerán o obradoiro “Movendo os marcos do amor” no Val do Asma o 11 de marzo e no Lama das Quendas o día 24 do mesmo mes.