Skip to main content
Quiroga

Continúan as actividades arredor da Feira do viño de Quiroga

Por 24 Marzo, 2022Sin comentarios

O Concello de Quiroga organizou un concurso de debuxo infantil para a Feira do Viño, no que poden participar todos os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade.

Os debuxos realizaranse en tamaño folio A4 tendo como tema a Feira do Viño de Quiroga. O debuxo que deberá ser orixinal poderá realizarse en calquera medio plástico: lapis, tinta, acuarela, acrílico, óleo, collage, gravado ou mixto.

Os traballos deberán de presentarse na Casa da Cultura antes do 12 de abril. Entregaranse dentro dun sobre pechado no que se incluirán os datos do autor.

Establécense tres categorías para o concurso. Categoría A para os participantes de 3 a 5 anos; B para participantes de 6 a 8 anos; categoría C de 9 a 12 anos.

Os gañadores deste certame recibirán premios sorpresa, tres por cada categoría.

FEIRA VIÑO QUIROGA
A XL Feira do Viño de Quiroga, na que por primeira vez acudirán os adegueiros profesionais, celebrarase os días 16 e 17 de abril.

Ademais das doce adegas que participan no certame (Alma das Donas, Algueira, Atrium Vitis, EDV 2015, Fructuoso-Hobbs, Lar de Ricobao, Ponte da Boga, Purificación Díaz Ferreiro, Rectoral de Amandi, Terrazas de Outeiro e Val de Quiroga) acudirá en calidade de invitada a adega Son do Arrieiro, premio “Vida entre Vides” 2021 da Denominación de Orixe Ribeiro.

A comisión organizadora decidiu que cada ano acuda ademais das adegas participantes, unha adega doutra Denominación de Orixe (galega ou española) en calidade de invitada.

O programa inclúe o concurso de tampas do 6 ao 15 de abril, o desfile da Confraría do viño de Quiroga o 9 de abril e unha cata comentada o 15 de abril.