Skip to main content
O Páramo

O Páramo dará un curso para ensinar a usar o novo caixeiro

Por 9 Marzo, 2022Marzo 10th, 2022Sin comentarios

O concello do Páramo pon en disposición dos seus veciños un novo caixeiro. Co peche de oficinas bancarias o Páramo quedara sen este servizo na vila, polo que despois da demanda dos veciños, instalouse esta semana un caixeiro nas dependencias municipais do Concello.

Ademais, dando resposta as peticións dos maiores que ven limitado o uso do mesmo ao non ter os coñecementos adecuados para levar a cabo as diferentes operacións. Ofrécese aos interesados un curso sobre o manexo seguro dos caixeiros. Esta formación será o vindeiro 16 de marzo ás 11.00 horas no salón de plenos do Concello do Páramo.

Con esta iniciativa estase dando resposta a unha demanda dos veciños que poderán facer uso de maneira sinxela deste novo aparello bancario.

O curso está enmarcado no Programa de Educación Financeira no que se ensina a usar os caixeiros para facer as operacións máis habituais en calquera momento.