Skip to main content
Cospeito

Cospeito lembra o Día da Muller cun xogo da busca do tesouro

Por 8 Marzo, 2022Sin comentarios

Cospeito inicia hoxe unha orixinal forma de reivindicar o Día da Muller a través do xogo Filloíñas, unha actividade do tipo busca do tesouro que poñerá en valor o feminismo, o patrimonio do Concello co tempo de ocio familiar.

“As Filloíñas da Igualdade nace como un xogo interactivo e didáctico que se propón para a participación e diversión individual e en familia, que promove o coñecemento de espazos e recursos do noso concello, ao tempo que sensibiliza e promove a igualdade de xénero e a erradicación de todo tipo de violencias”, explican dende o Concello.

Hai un total de 10 Filloíñas agochadas polas paredes, rúas e espazos públicos do Concello. Cada unha delas está enumerada do 1 ao 10 e para atopalas hai que seguir as pistas deixadas en Facebook durante sete días.

Cada filloíña leva incorporado un código QR no que se atopa información e contidos relacionados co ámbito da igualdade de xénero, recursos e información sobre violencia de xénero e de mulleres relevantes da historia e do noso concello.

Cando se atopan hai que documentar os achádegos facendo unha foto da mesma, subila ás redes sociais e etiquetala.

Repartiranse os 3 primeiros premios para aqueles participantes que atopen as 10 Filloíñas. Os 3 seguintes premios (4º, 5º e 6º) asignaranse tendo en conta a orde cronolóxica de chegada dos correos electrónicos e asímesmo de maior a menor número de filloíñas atopadas por participante.

Haberá ata 50 agasallos repartidos entre todos os participantes que acrediten atopar filloíñas tendo en conta a orde cronolóxica de chegada dos correos electrónico.

Os premios consistirán nunha tablet, un patinete, un lote de libros e unha ilustraación personalizada da artista local Salobral Boó Arjona.