Skip to main content
Outeiro de Rei TERRACHÁXA

Cancelado o concerto de Zoelas deste sábado na casa de Manuel María

Por 10 Marzo, 2022Sin comentarios

A Casa Museo de Manuel María fixo pública a cancelación do concerto da formación orixinaria de Antas de Ulla, Zoelas, que estaba previsto para o sábado día 12 de marzo, ás 20 horas, para presentar o seu traballo Evelaités, así como das súas últimas e recentes composicións.

Zoelas é un proxecto musical en que se mestura as raíces do canto tradicional con melodías de variados estilos musicais e letras propias que conviven con coplas recollidas. Canto coral feminino con Bea García, Érica García, María Bouzas, Pilar Naveira e Patricia Coucheiro acompañadas de Michel Rivadulla (guitarra), Miguel Varela (percusión) e Bruno Villamor (requinta, zanfona e gaita).