Skip to main content
Uncategorized @gl

Castro de Rei acolle a próxima semana dous obradoiros para persoas coidadoras

Por 19 Marzo, 2022Marzo 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei acollerá a próxima semana dous obradoiros dirixidos principalmente ás persoas coidadoras organizado polo servizo de prevención de condutas adictivas da agrupación de Concellos de Begonte,Castro de Rei, Friol, Outeiro de Rei e Rábade.

O obxectivo do mesmo é formar os coidadores e familiares en habilidades que lles axuden a mellorar a calidade dos coidados que proporcionan así como o uso de técnicas que lles faciliten o labor. Tamén tratarase sobre como previr o síndrome do coidador e a codependencia dos famliares e coidadores, así como previr o burn-out.

As sesións terán lugar o día 23, mércores, en Castro de Rei, no local encima de Correos, na praza Maior, entre as 16.30 e as 20.30 horas. Ademais, o 28 seguinte, luns, terá lugar a mesma sesión e á mesma hora pero en Castro Ribeiras de Lea, na casa da cultura.

As formacións estarán ao cargo da Escola Galega de Saúde. E a inscrición a estes obradoiros, que serán de balde, pode facerse a través da web deste colectivo indicando nome, apelidos, enderezo, teléfono, DNI e lugar onde o vai realizar. Tamén a través do correo prevenciondrogas@rabade.org.