Skip to main content
Uncategorized @gl

Catro concellos están limpos de covid e 11 con menos de 10 casos

Por 1 Marzo, 2022Marzo 2nd, 2022Sin comentarios

A covid continúa coa súa lenta caída de casos activos tras a actualización das estatísticas da fin de semana.

Así, hoxe hai 2.132 casos activos, 106 menos que onte, con 164 novos contaxios e 270 altas. Onte os casos baixaron en 245, con 93 novos contaxios e 338 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 52.082 casos rexistrados e 311 persoas falecidas (unha máis que onte).

A presión hospitalaria redúcese malia que volve haber un paciente na UCI. En planta son 42 os pacientes (10 menos), 27 no de Lugo (8 menos), 8 na Mariña (2 menos) e 7 en Monforte.

POR COMARCAS

Continúa a baixada da covid nos concellos, nos que só destacada a baixada de Lugo en 31 casos. Por outra banda, os concellos limpos de covid son 4. Quince días sen casos leva Pedrafita e unha semana Cervantes, Ribas de Sil e Sober. Con menos de 10 casos xa son 11.

A Mariña

  • Alfoz: 21 casos (2 menos).
  • A Pontenova: 13 (1 máis).
  • Barreiros: 16 (1 menos).
  • Burela: 52 (3 máis).
  • Cervo: 21.
  • Foz: 62 (2 máis).
  • Lourenzá: 11 (1 máis).
  • Mondoñedo: 33 (3 máis).
  • O Valadouro: 36 (3 máis).
  • O Vicedo: 15 (2 menos).
  • Ourol: Por debaixo de 10.
  • Ribadeo: 49 (9 menos).
  • Riotorto: Por debaixo de 10.
  • Trabada: Por debaixo de 10.
  • Viveiro: 111 (4 menos).
  • Xove: 18 (2 menos).

Terra Chá

  • Abadín: Por debaixo de 10.
  • A Pastoriza: 40 (3 máis).
  • As Pontes: 72 (1 máis).
  • Begonte: 20 (1 menos).
  • Castro de Rei: 60 (2 menos).
  • Cospeito: 23 (3 menos).
  • Friol: 21 (2 menos).
  • Guitiriz: 19 (1 menos).
  • Meira: 10 (2 menos).
  • Muras: Menos de 10.
  • Outeiro de Rei: 36 (3 máis).
  • Pol: 11 (1 menos).
  • Rábade: Por debaixo de 10.
  • Vilalba: 166 (3 máis)
  • Xermade: 15.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 15 enfermos (2 menos).
  • O Incio: 10 (1 menos).
  • O Páramo: 14 (3 menos).
  • Paradela: 11 (1 menos).
  • Samos: Por debaixo de 10.
  • Sarria: 123 (3 menos).
  • Triacastela: 10.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 65 positivos (1 menos).
  • As Nogais: 16.
  • Antas de Ulla: 11.
  • Baleira: Por debaixo de 10.
  • Baralla: 36 (1 menos).
  • Becerreá: 25 (3 menos).
  • Castroverde 11 (1 menos).
  • Cervantes: Unha semana sen casos.
  • Guntín: 12.
  • Lugo: 1.154 (31 menos).
  • Monterroso: Por debaixo de 10.
  • Navia de Suarna: 11 (1 máis).
  • Negueira de Muñiz: Por debaixo de 10.
  • O Corgo: 26 (3 menos).
  • Palas de Rei: 17 (1 máis).
  • Pedrafita: Quince días sen casos.
  • Portomarín: 10 (2 menos).
  • Ribeira de Piquín: menos de 10 casos.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 15 enfermos.
  • Bóveda: 11 (1 menos).
  • Carballedo: 15.
  • Chantada: 73 (1 menos).
  • Folgoso do Courel: Por debaixo de 10.
  • Monforte: 177 (9 menos).
  • O Saviñao: 50 (4 menos).
  • Pantón: 10 (2 menos).
  • Quiroga: 10.
  • Ribas de Sil: Unha semana sen casos.
  • Sober: Unha semana sen contaxios.
  • Taboada: 10.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).