Skip to main content
Uncategorized @gl

Pequeno repunte de casos covid na provincia

Por 3 Marzo, 2022Marzo 4th, 2022Sin comentarios

Nova xornada de estabilidade de datos antes de continuar coa caída. De feito, soben os novos contaxios, os casos activos e a hospitalización de forma lixeira debido, principalmente ao descenso das altas.

Así, hoxe hai 2.041 casos activos, 34 máis que onte, con 175 novos contaxios e 138 altas. Onte os casos baixaron en 125, con 138 novos contaxios e 259 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 52.389 casos rexistrados e 312 persoas falecidas (unha máis que onte).

A presión hospitalaria aumenta. Nas UCI seguen a ser 3 pacientes e en planta son 45 (5 máis), 28 no de Lugo (2 máis), 7 na Mariña (1 máis) e 10 en Monforte (2 máis).

POR COMARCAS

Pequeno repunte da covid nalgúns concellos con subidas aínda que pouco destacadas. Son contundentes as baixadas en Lugo de novo, con 41 menos, Vilalba con 19, O Corgo con 12 e Sarria con 10.

Limpos de covid están Cervantes, Pedrafita, Muras, Ribas de Sil e Sober.

Os que están por debaixo dos 10 casos son  xa 24 (7 máis que onte).

A Mariña

  • Alfoz: 14 casos (3 menos).
  • Barreiros: 12 (1 menos).
  • Burela: 57 (5 máis).
  • Cervo: 27 (7 máis).
  • Foz: 55 (5 menos).
  • Mondoñedo: 30 (1 menos).
  • O Valadouro: 39 (2 máis).
  • O Vicedo: 15 (1 menos).
  • Ribadeo: 39 (4 menos).
  • Viveiro: 114 (6 máis).
  • Xove: 15 (1 menos).
  • Por debaixo de dez: A Pontenova, Lourenzá, Ourol, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 41.
  • As Pontes: 69 (3 menos).
  • Begonte: 17 (3 menos).
  • Castro de Rei: 57 (2 menos).
  • Cospeito: 19 (2 menos).
  • Friol: 21.
  • Guitiriz: 15 (2 menos).
  • Muras: Unha semana limpo.
  • Outeiro de Rei: 31 (4 menos).
  • Vilalba: 147 (19 menos).
  • Xermade: 15.
  • Por debaixo de dez: Abadín, Meira, Pol e Rábade.

Comarca de Sarria

  • O Páramo: 11 (1 menos).
  • Sarria: 108 (10 menos).
  • Por debaixo de 10: Láncara, O Incio, Paradela, Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 57 positivos (9 menos).
  • As Nogais: 12 (4 menos).
  • Baralla: 26 (8 menos).
  • Becerreá: 25.
  • Castroverde 11.
  • Cervantes: Unha semana sen casos.
  • Guntín: 12 (2 máis).
  • Lugo: 1.049 (41 menos).
  • Navia de Suarna: 11.
  • O Corgo: 12 (12 menos).
  • Palas de Rei: 14 (2 menos).
  • Pedrafita: Quince días sen casos.
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, Baleira, Monterroso, Negueira de Muñiz, Portomarín e Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 14 enfermos.
  • Bóveda: 11 (1 máis).
  • Carballedo: 17 (1 máis).
  • Chantada: 62 (3 menos).
  • Monforte: 160 (7 menos).
  • O Saviñao: 42 (9 menos).
  • Ribas de Sil: Unha semana sen casos.
  • Sober: Unha semana sen contaxios.
  • Por debaixo de 10: Folgoso do Courel, Pantón, Quiroga e Taboada.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).