Skip to main content
Uncategorized @gl

Os novos contaxios volven superar as altas

Por 4 Marzo, 2022Marzo 5th, 2022Sin comentarios

A covid volve experimentar un crecemento condicionado polo crecemento de novos positivos fronte a unha estabilidade nas altas.

Así, hoxe hai 2.131 casos activos, 90 máis que onte, con 233 novos contaxios e 141 altas. Onte os casos subiron en 34, con 175 novos contaxios e 138 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 52.620 casos rexistrados e 312 persoas falecidas.

A presión hospitalaria redúcese lixeiramente. Nas UCI seguen a ser 3 pacientes e en planta son 43 (2 menos), 24 no de Lugo (4 menos), 8 na Mariña (1 máis) e 11 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Cotinúa o repunte da covid nalgúns concellos con subidas lixeiras. Lugo xa está por debaixo dos mil contaxios con 576 menos que onte e Vilalba cae en 12. Pola contra suman 21 en Viveiro e 12 no Corgo.

Limpos de covid están Pedrafita, Muras, Ribas de Sil e Sober. Cervantes volve ter casos e Ribeira de Piquín e Samos quedan limpos.

Os que están por debaixo dos 10 casos son  xa 23 (1 menos que onte).

A Mariña

  • Alfoz: 12 casos (2 menos).
  • Barreiros: 10 (2 menos).
  • Burela: 58 (1 máis).
  • Cervo: 27.
  • Foz: 55.
  • Mondoñedo: 29 (1 menos).
  • O Valadouro: 35 (4 menos).
  • O Vicedo: 14 (1 menos).
  • Ribadeo: 32 (7 menos).
  • Viveiro: 114 (21 máis).
  • Xove: 14 (1 menos).
  • Por debaixo de dez: A Pontenova, Lourenzá, Ourol, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 36 (5 menos).
  • As Pontes: 70 (1 máis).
  • Begonte: 15 (2 menos).
  • Castro de Rei: 57.
  • Cospeito: 17 (2 menos).
  • Friol: 16 (5 menos).
  • Guitiriz: 17 (2 máis).
  • Muras: Unha semana limpo.
  • Outeiro de Rei: 33 (2 máis).
  • Vilalba: 135 (12 menos).
  • Xermade: 13 (2 menos).
  • Por debaixo de dez: Abadín, Meira, Pol e Rábade.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 11 casos.
  • O Páramo: 12 (1 máis).
  • Samos: Unha semana sen casos.
  • Sarria: 101 (7 menos).
  • Por debaixo de 10: O Incio, Paradela, e Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 63 positivos (6 máis).
  • As Nogais: 12.
  • Baralla: 22 (4 menos).
  • Becerreá: 21 (4 menos).
  • Castroverde 13 (2 maís).
  • Guntín: 11 (1 menos).
  • Lugo: 993 (56 menos).
  • O Corgo: 24 (12 máis).
  • Pedrafita: Quince días sen casos.
  • Ribeira de Piquín: Unha semana limpo.
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, Baleira, Cervantes, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Palas de Re e Portomarín.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 15 enfermos (1 máis).
  • Carballedo: 17.
  • Chantada: 69 (7 máis).
  • Monforte: 165 (5 máis).
  • O Saviñao: 33 (9 menos).
  • Quiroga: 10.
  • Ribas de Sil: Unha semana sen casos.
  • Sober: Unha semana sen contaxios.
  • Taboada: 13 casos.
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Folgoso do Courel e Pantón.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).