Skip to main content
Uncategorized @gl

Xornada de control do virus cos casos activos por riba dos 2.000

Por 6 Marzo, 2022Marzo 7th, 2022Sin comentarios

A covid continúa manténdose por riba dos 2.000 casos e malia reducir con respecto a onte, os datos seguen a ser altos.

Así, hoxe hai 2.107 casos activos, 18 menos que onte, con 199 novos contaxios e 215 altas. Onte os casos baixaron en 6, con 256 novos contaxios e 262 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 53.073 casos rexistrados e 312 persoas falecidas.

A presión hospitalaria continúa fluctuando. Nas UCI seguen a ser 3 pacientes e en planta son 42 (5 máis), 23 no de Lugo (1 máis), 6 na Mariña (1 máis) e 13 en Monforte (3  máis).

POR COMARCAS

A covid segue facendo colleitando positivos pola Mariña, con subidas en moitos concellos, aínda que non moi bruscas agás en Viveiro, que sumou 22 casos. O caso contrario é o da comarca de Sarria, onde tres dos sete concellos están limpos de covid e os outros tres están por debaixo de 10. Só a capital ten preto de 100 pero baixando.

O outro concello que suma moitos casos é Lugo, con 19 máis este domingo.

A Mariña

  • Alfoz: 13 casos.
  • A Pontenova: 11.
  • Burela: 66 (7 máis).
  • Cervo: 30 (2 máis).
  • Foz: 58.
  • Mondoñedo: 28 (1 menos).
  • O Valadouro: 35 (2 máis).
  • O Vicedo: 13 (2 menos).
  • Ribadeo: 29 (4 menos).
  • Riotorto: 12.
  • Trabada: 11 (1 máis).
  • Viveiro: 190 (22 máis).
  • Xove: 31 (2 máis).
  • Por debaixo de dez: Barreiros, Lourenzá e Ourol.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 32 (1 menos).
  • As Pontes: 73 (1 menos).
  • Begonte: 15 (1 máis).
  • Castro de Rei: 58 (5 máis).
  • Cospeito: 14 (2 menos).
  • Friol: 10 (4 menos).
  • Guitiriz: 15 (2 menos).
  • Muras: Unha semana limpo.
  • Outeiro de Rei: 32.
  • Vilalba: 127 (8 menos).
  • Xermade: 14 (3 máis).
  • Por debaixo de dez: Abadín, Meira, Pol e Rábade.

Comarca de Sarria

  • Láncara: Sen casos nunha semana.
  • Paradela: Unha semana sen casos.
  • Samos: Unha semana sen casos.
  • Sarria: 98 (4 menos).
  • Por debaixo de 10: O Incio, O Páramo e Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 49 positivos (1 máis).
  • Antas de Ulla: Unha semana limpo.
  • As Nogais: 12.
  • Baralla: 18 (3 menos).
  • Becerreá: 15 (3 menos).
  • Castroverde 10 (2 menos).
  • Guntín: 11.
  • Lugo: 1028 (19 máis).
  • O Corgo: 16 (4 menos).
  • Pedrafita: Quince días sen casos.
  • Portomarín: 11.
  • Ribeira de Piquín: Unha semana limpo.
  • Por debaixo de 10: Baleira, Cervantes, Monterroso, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Palas de Rei.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 13 enfermos.
  • Carballedo: 21 (2 máis).
  • Chantada: 81 (7 máis).
  • Monforte: 149 (10 menos).
  • O Saviñao: 28 (3 menos).
  • Sober: Unha semana sen contaxios.
  • Pantón: 11.
  • Quiroga: 12.
  • Taboada: 14 casos.
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).