Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid dá un novo revés cun aumento de casos activos e contaxios

Por 9 Marzo, 2022Sin comentarios

A covid dá un novo revés aos datos e aumenta a súa presenza na provincia cunha subida de casos activos e novos contaxios ao mesmo tempo que a hospitalización. Así, hoxe hai 2.106 casos activos, 85 máis que onte, con 260 novos contaxios e 178 altas. Onte os casos subiron en 19, con 201 novos contaxios e 182 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 53.680 casos rexistrados e 313 persoas falecidas.

A presión hospitalaria continúa fluctuando. A ocupación das UCI segue cun paciente e en planta son 43 (2 máis), 24 no de Lugo (2 máis), 8 na Mariña (2 máis) e 11 en Monforte (2 menos).

POR COMARCAS

Continúa crecendo os casos en Viveiro (que subiu 21 contaxios novos) e tamén soben en Lugo con 19 máis e As Pontes con 11. Por outro lado destaca a baixada de Castro de Rei con 16 menos.

Descende o número de concellos limpos de covid  a 8 (e menos) e son 23 os que teñen menos de dez casos (6 máis).

A Mariña

  • Alfoz: 11 casos.
  • Burela: 78 (6 máis).
  • Cervo: 39 (5 máis).
  • Foz: 64 (4 máis).
  • Mondoñedo: 26 (1 máis).
  • O Valadouro: 24 (4 menos).
  • O Vicedo: 14 (1 menos).
  • Ribadeo: 30 (1 menos).
  • Trabada: 10 (1 menos).
  • Viveiro: 256 (21 máis).
  • Xove: 51 (5 máis).
  • Por debaixo de 10: A Pontenova, Barreiros, Ourol e Riotorto.
  • Sen casos nunha semana: Lourenzá.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 24 (7 menos).
  • As Pontes: 90 (11 máis).
  • Begonte: 17 (3 máis).
  • Castro de Rei: 49 (16 menos).
  • Cospeito: 13 (2 máis).
  • Friol: 10 (1 menos).
  • Guitiriz: 17 (2 máis).
  • Meira: 11.
  • Outeiro de Rei: 29 (2 máis).
  • Vilalba: 127.
  • Xermade: 11 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Abadín, Muras, Pol e Rábade.

Comarca de Sarria

  • O Páramo: 12 (2 máis).
  • Sarria: 99 (5 máis).
  • Por debaixo de 10: Láncara, O Incio e Samos.
  • Sen casos nunha semana: Paradela e Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 41 positivos (2 menos).
  • Baralla: 16.
  • Castroverde: 13.
  • Lugo: 1028 (19 máis).
  • Monterroso: 13.
  • O Corgo: 15 (2 menos).
  • Portomarín: 11.
  • Por debaixo de 10: Anta de Ulla, As Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Guntín, Palas de Rei e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana limpo: Navia de Suarna e Negueira de Muñiz.
  • Quince días sen casos: Pedrafita.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 10 enfermos.
  • Carballedo: 21 (1 máis).
  • Chantada: 96 (1 máis).
  • Monforte: 140 (2 máis).
  • O Saviñao: 26 (4 menos).
  • Taboada: 13 casos.
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Pantón, Quiroga e Ribas de Sil.
  • Unha semana sen contaxios: Folgoso do Courel.
  • Quince días limpo: Sober.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).