Skip to main content
Uncategorized @gl

As UCI están baleiras pero o ritmo de contaxio non frea

Por 11 Marzo, 2022Marzo 12th, 2022Sin comentarios

Aumenta o ritmo de crecemento da covid compensado cunha caída da hospitalización e sen enfermos na UCI.

Así, hoxe hai 2.355 casos activos, 129 máis que onte, con 239 novos contaxios e 110 altas. Onte os casos subiron en 120, con 243 novos contaxios e 121 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 54.160 casos rexistrados e 313 persoas falecidas.

A presión hospitalaria cae de forma considerable. As UCI volven estar baleiras e en planta son 29 (12 menos), 12 no de Lugo (12 menos), 7 na Mariña e 10 en Monforte.

POR COMARCAS

Aunque en termos xerais o número de casos aumenta, a nivel concellos, a tendencia é á baixa. Viveiro ralentiza o crecemento con 12 máis pero Xove o aumenta con 21. Pola outra banda, Sarria descende 13 e Monforte 11.

Descende o número de concellos limpos de covid  a 6 (1 menos) e son 28 os que teñen menos de dez casos (6 máis).

A Mariña

  • A Pontenova: 10.
  • Burela: 96 (9 máis).
  • Cervo: 50 (2 máis).
  • Foz: 72 (5 máis).
  • Mondoñedo: 25 (4 menos).
  • Ourol: 12.
  • O Valadouro: 19 (4 menos).
  • O Vicedo: 18 (4 máis).
  • Ribadeo: 34 (1 máis).
  • Viveiro: 292 (12 máis).
  • Xove: 77 (21 máis).
  • Por debaixo de 10: Afoz, Barreiros, Riotorto e Trabada.
  • Sen casos nunha semana: Lourenzá.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 15 (5 menos).
  • As Pontes: 114 (6 máis).
  • Begonte: 15 (3 menos).
  • Castro de Rei: 41 (5 menos).
  • Cospeito: 12 (3 menos).
  • Guitiriz: 23 (3 máis).
  • Meira: 17 (3 máis).
  • Outeiro de Rei: 29 (1 máis).
  • Vilalba: 129 (2 máis).
  • Xermade: 13.
  • Por debaixo de 10: Abadín, Friol, Muras, Pol e Rábade.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 38 positivos (3 menos).
  • Baralla: 13 (2 menos).
  • Castroverde: 14 (1 máis).
  • Lugo: 1.015 (7 menos).
  • Monterroso: 14.
  • O Corgo: 16.
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Guntín, Palas de Rei, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana limpo: Navia de Suarna e Negueira de Muñiz.
  • Quince días sen casos: Pedrafita.

Comarca de Sarria

  • O Páramo: 10
  • Sarria: 73 (13 menos).
  • Por debaixo de 10: Láncara, O Incio, Paradela e Samos.
  • Sen casos nunha semana: Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Carballedo: 19 (2 menos).
  • Chantada: 96 (2 máis).
  • Monforte: 121 (11 menos).
  • O Saviñao: 22 (3 menos).
  • Taboada: 13 casos.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.
  • Unha semana sen contaxios: Folgoso do Courel.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).