Skip to main content
Uncategorized @gl

O ritmo de contaxios redúcese pero segue á alza

Por 12 Marzo, 2022Marzo 14th, 2022Sin comentarios

As estatísticas deixa á provincia na mesma situación que onte, co crecemento á alza e a hospitalización á baixa.

Así, hoxe hai 2.406 casos activos, 51 máis que onte, con 206 novos contaxios e 153 altas. Onte os casos subiron en 129, con 239 novos contaxios e 110 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 54.364 casos rexistrados e 313 persoas falecidas.

A presión hospitalaria cae de novo. As UCI seguen baleiras e en planta son 26 (3 menos), 12 están no de Lugo, 5 na Mariña (2 menos) e 9 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS

Poucos cambios e pouco destacados agás en Viveiro, que continúa descontrolado, con 20 casos máis e Lugo con 12.

Sobe o número de concellos limpos de covid  a 7 (1 máis) e son 23 os que teñen menos de dez casos (5 menos).

A Mariña

  • A Pontenova: 11 (1 máis).
  • Barreiros: 11.
  • Burela: 100 (4 máis).
  • Cervo: 51 (1 máis).
  • Foz: 74 (2 máis).
  • Mondoñedo: 24 (1 menos).
  • Ourol: 12.
  • O Valadouro: 20 (1 máis).
  • O Vicedo: 18.
  • Ribadeo: 35 (1 máis).
  • Viveiro: 312 (20 máis).
  • Xove: 81 (4 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz e Trabada.
  • Sen casos nunha semana: Lourenzá e Riotorto.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 15.
  • As Pontes: 122 (8 máis).
  • Begonte: 15.
  • Castro de Rei: 37 (4 menos).
  • Cospeito: 11 (1 menos).
  • Guitiriz: 24 (1 máis).
  • Meira: 18 (1 máis).
  • Outeiro de Rei: 33 (4 máis).
  • Rábade: 10.
  • Vilalba: 130 (1 máis).
  • Xermade: 17 (4 máis).
  • Por debaixo de 10: Abadín, Friol, Muras e Pol.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 37 positivos (1 menos).
  • Baralla: 13.
  • Castroverde: 13 (1 menos).
  • Lugo: 1.027 (12 máis).
  • Monterroso: 16 (2 máis).
  • O Corgo: 16.
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Guntín, Navia de Suarna, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana limpo: Negueira de Muñiz e Palas de Rei.
  • Quince días sen casos: Pedrafita.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 10.
  • O Páramo: 11 (1 máis)
  • Sarria: 74 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: O Incio, Paradela e Samos.
  • Sen casos nunha semana: Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Carballedo: 20 (1 máis).
  • Chantada: 93 (3 menos).
  • Monforte: 113 (8 menos).
  • O Saviñao: 21 (1 menos).
  • Pantón: 10.
  • Taboada: 13 casos.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.
  • Unha semana sen contaxios: Folgoso do Courel.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).