Skip to main content
Uncategorized @gl

Redúcese o número de novos contaxios e casos activos

Por 14 Marzo, 2022Marzo 15th, 2022Sin comentarios

A covid recuperou a senda da recuperación nesta fin de semana tras unha xornada, a do domingo, sen datos por parte da Consellería de Educación, que decidiu non actualizalos agora que a situación mellora. Mellora a situación en termos xerais cunha caída de casos activos e novos contaxios pero un recrudecemento de novo da hospitalización.

Así, hoxe hai 2.347 casos activos, 59 menos que o sábado, con 124 novos contaxios e 354 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 54.659 casos rexistrados e 313 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe de novo. As UCI seguen baleiras e en planta son 38 (12 máis), 20 están no de Lugo (8 máis), 6 na Mariña (1 máis) e 12 en Monforte (3 máis).

POR COMARCAS

Malos resultados para a análise por concellos con moitas zonas á alza, como A Mariña, onde Viveiro segue sumando sen freo, 20 máis dende o sábado. Lugo suma 35 contaxios novos, As Pontes 18 e Xove 10.

Redúcese bruscamente o número de concellos limpos de covid  a 4 (3 menos) e son 24 os que teñen menos de dez casos (1 máis).

A Mariña

  • A Pontenova: 12 (1 máis).
  • Barreiros: 16 (5 máis).
  • Burela: 105 (5 máis).
  • Cervo: 52 (1 máis).
  • Foz: 79 (5 máis).
  • Mondoñedo: 21 (3 menos).
  • Ourol: 13 (1 máis).
  • O Valadouro: 18 (2 menos).
  • O Vicedo: 18.
  • Ribadeo: 41 (6 máis).
  • Viveiro: 332 (20 máis).
  • Xove: 91 (10 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Lourenzá, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 13 (2 menos).
  • As Pontes: 140 (18 máis).
  • Begonte: 15.
  • Castro de Rei: 36 (1 menos).
  • Cospeito: 12 (1 máis).
  • Friol: 10.
  • Guitiriz: 29 (5 máis).
  • Meira: 15 (3 menos).
  • Outeiro de Rei: 35 (2 máis).
  • Rábade: 12 (2 máis).
  • Vilalba: 128 (2 menos).
  • Xermade: 19 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: Abadín, Muras e Pol.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 25 positivos (12 menos).
  • Antas de Ulla: 12.
  • Baralla: 10 (3 menos).
  • Castroverde: 11 (2 menos).
  • Guntín: 15.
  • Lugo: 1.062 (35 máis).
  • Monterroso: 16.
  • O Corgo: 17 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: As Nogais, Baleira, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, Palas de Rei, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Comarca de Sarria

  • O Páramo: 13 (2 máis)
  • Sarria: 73 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Láncara, O Incio, Paradela e Samos.
  • Sen casos nunha semana: Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Carballedo: 18 (2 menos).
  • Chantada: 98 (5 máis).
  • Monforte: 104 (9 menos).
  • O Saviñao: 19 (2 menos).
  • Pantón: 14 (4 máis).
  • Taboada: 11 casos (2 menos).
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.
  • Unha semana sen contaxios: A Pobra do Brollón, Folgoso do Courel.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).