Skip to main content
Uncategorized @gl

Xornada de estabilidade na provincia no crecemento do virus

Por 15 Marzo, 2022Marzo 16th, 2022Sin comentarios

A covid segue sen quere remitir cun pequeno incremento de casos activos e cun novo paciente na UCI.

Así, hoxe hai 2.372 casos activos, 25 máis que onte, con 250 novos contaxios e 227 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 54.911 casos rexistrados e 313 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense. Hai 1 ingresado na UCI de novo e en planta son 38, 22 están no de Lugo (2 máis), 4 na Mariña (2 menos) e 12 en Monforte.

POR COMARCAS

Sen moitos cambios nos concellos. Mantense a subida de casos en Viveiro e a súa contorno con 16 máis e en Ribadeo con 14. Lugo tamén sumou 12 contaxios máis.

Mantense o número de concellos limpos de covid en 4 e son 25 os que teñen menos de dez casos (1 máis).

A Mariña

  • A Pontenova: 13 (1 máis).
  • Barreiros: 19 (3 máis).
  • Burela: 110 (5 máis).
  • Cervo: 58 (6 máis).
  • Foz: 76 (3 menos).
  • Mondoñedo: 18 (3 menos).
  • Ourol: 13.
  • O Valadouro: 14 (4 menos).
  • O Vicedo: 23 (5 máis).
  • Ribadeo: 55 (14 máis).
  • Viveiro: 348 (16 máis).
  • Xove: 95 (4 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Lourenzá, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 12 (1 menos).
  • As Pontes: 148 (8 máis).
  • Begonte: 14 (1 menos).
  • Castro de Rei: 36.
  • Cospeito: 13 (1 máis).
  • Friol: 17 (7 máis).
  • Guitiriz: 31 (2 máis).
  • Meira: 15.
  • Outeiro de Rei: 38 (3 máis).
  • Rábade: 14 (2 máis).
  • Vilalba: 129 (1 máis).
  • Xermade: 19.
  • Por debaixo de 10: Abadín, Muras e Pol.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 21 positivos (4 menos).
  • Antas de Ulla: 12.
  • Castroverde: 11.
  • Guntín: 16 (1 máis).
  • Lugo: 1.074 (12 máis).
  • Monterroso: 16.
  • O Corgo: 17.
  • Por debaixo de 10: As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, Palas de Rei, Pedrafita, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Comarca de Sarria

  • O Páramo: 14 (1 máis)
  • Sarria: 72 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Láncara, O Incio, Paradela e Samos.
  • Sen casos en quince días: Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Carballedo: 18.
  • Chantada: 96 (2 menos).
  • Monforte: 105 (1 máis).
  • O Saviñao: 22 (3 máis).
  • Pantón: 14.
  • Taboada: 11.
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.
  • Unha semana sen contaxios: A Pobra do Brollón.
  • Quince días se casos: Folgoso do Courel.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).