Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid mantén resultados por riba dos 2.300 contaxios

Por 16 Marzo, 2022Sin comentarios

A covid non cesa e continúa manténdose por riba dos 2.300 casos e cun  número constante de novos contaxios diarios entre 200 e 300.

Así, hoxe hai 2.386 casos activos, 14 máis que onte, con 279 novos contaxios e 259 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 55.185 casos rexistrados e 314 persoas falecidas (1 máis que onte).

A presión hospitalaria disminúe. Hai 1 ingresado na UCI e en planta son 35 (3 menos), 21 están no de Lugo (1 menos), 4 na Mariña e 10 en Monforte (2 menos).

POR COMARCAS

Sen moitos cambios nos concellos, as maiores subidas están en Lugo, con 42 casos máis, Foz con 14 e Cervo con 10. Tamén soben nas Pontes en 15.

O número de concellos limpos de covid é de 5 (1 máis) e son 20 os que teñen menos de dez casos (5 menos).

A Mariña

  • Alfoz: 11.
  • A Pontenova: 13.
  • Barreiros: 22 (3 máis).
  • Burela: 111 (1 máis).
  • Cervo: 68 (10 máis).
  • Foz: 90 (14 máis).
  • Mondoñedo: 17 (1 menos).
  • Ourol: 13.
  • O Valadouro: 13 (1 menos).
  • O Vicedo: 24 (1 máis).
  • Ribadeo: 60 (5 máis).
  • Viveiro: 355 (7 máis).
  • Xove: 98 (3 máis).
  • Por debaixo de 10: Lourenzá, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • A Pastoriza: 14 (2 máis).
  • As Pontes: 163 (15 máis).
  • Begonte: 18 (4 máis).
  • Castro de Rei: 40 (4 máis).
  • Cospeito: 17 (4 máis).
  • Friol: 19 (2 máis).
  • Guitiriz: 37 (6 máis).
  • Meira: 14 (1 menos).
  • Muras: 10.
  • Outeiro de Rei: 46 (8 máis).
  • Rábade: 14.
  • Vilalba: 134 (5 máis).
  • Xermade: 19.
  • Por debaixo de 10: Abadín e Pol.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 20 positivos (1 menos).
  • Antas de Ulla: 16 (4 máis).
  • Castroverde: 12 (1 máis).
  • Guntín: 20 (4 máis).
  • Lugo: 1.116 (42 máis).
  • Monterroso: 15 (1 menos).
  • O Corgo: 18 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: As Nogais, Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, Palas de Rei, Pedrafita e Portomarín.
  • Unha semana sen casos: Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 13.
  • O Páramo: 14.
  • Sarria: 73 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: O Incio, Paradela e Samos.
  • Sen casos en quince días: Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Carballedo: 17 (1 menos).
  • Chantada: 100 (4 máis).
  • Monforte: 109 (4 máis).
  • O Saviñao: 22.
  • Pantón: 16 (2 máis).
  • Quiroga: 10.
  • Taboada: 10 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Ribas de Sil e Sober.
  • Unha semana sen contaxios: A Pobra do Brollón.
  • Quince días se casos: Folgoso do Courel.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).