Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid non dobrega a súa presenza e mantense estable

Por 17 Marzo, 2022Sin comentarios

A covid segue subindo pero de forma lenta e condicionada pola falta de altas mentres os casos novos redúcense.

Así, hoxe hai 2.447 casos activos, 61 máis que onte, con 218 novos contaxios e 156 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 55.402 casos rexistrados e 314 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense. Hai 1 ingresado na UCI e en planta son 36 (1 máis), 21 están no de Lugo, 5 na Mariña (1 máis) e 10 en Monforte.

POR COMARCAS

Situación sen variacións imporatantes con subidas subliñadas pero non pronunciadas en Vilalba con 16 e Monforte con 10. Tamén nas Pontes aumentou en 11.

O número de concellos limpos de covid é de 7 (2 máis) e son 16 os que teñen menos de dez casos (4 menos).

A Mariña

  • Alfoz: 11.
  • A Pontenova: 13.
  • Barreiros: 21 (1 menos).
  • Burela: 112 (1 máis).
  • Cervo: 64 (4 menos).
  • Foz: 87 (3 menos).
  • Mondoñedo: 16 (1 menos).
  • Ourol: 11 (2 menos).
  • O Valadouro: 12 (1 menos).
  • O Vicedo: 24.
  • Ribadeo: 60.
  • Viveiro: 356 (1 máis).
  • Xove: 102 (4 máis).
  • Por debaixo de 10: Lourenzá, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 11.
  • A Pastoriza: 16 (2 máis).
  • As Pontes: 174 (11 máis).
  • Begonte: 18.
  • Castro de Rei: 43 (3 máis).
  • Cospeito: 21 (4 máis).
  • Friol: 20 (1 máis).
  • Guitiriz: 42 (5 máis).
  • Meira: 13 (1 menos).
  • Muras: 11 (1 máis).
  • Outeiro de Rei: 50 (4 máis).
  • Rábade: 14.
  • Vilalba: 150 (16 máis).
  • Xermade: 18 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Pol.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 20 positivos.
  • Antas de Ulla: 17 (1 máis).
  • Castroverde: 14 (2 máis).
  • Guntín: 19 (1 menos).
  • Lugo: 1.107 (9 menos).
  • Monterroso: 14 (1 menos).
  • O Corgo: 20 (2 máis).
  • Pedrafita: 10.
  • Por debaixo de 10: Baleira, Baralla, Becerreá, Navia de Suarna, Palas de Rei e Portomarín.
  • Unha semana sen casos: As Nogais, Cervantes e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 13.
  • O Páramo: 15 (1 máis).
  • Sarria: 73.
  • Por debaixo de 10: O Incio e Samos.
  • Sen casos nunha semana: Paradela.
  • Sen casos en quince días: Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Carballedo: 15 (2 menos).
  • Chantada: 101 (1 máis).
  • Monforte: 119 (10 máis).
  • O Saviñao: 20 (2 menos).
  • Pantón: 17 (1 máis).
  • Quiroga: 11 (21 máis).
  • Taboada: 10.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Ribas de Sil e Sober.
  • Quince días sen casos: Folgoso do Courel.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).