Skip to main content
Uncategorized @gl

As máscaras poderán desaparecer dos patios dos colexios mentres os casos seguen a subir

Por 19 Marzo, 2022Marzo 21st, 2022Sin comentarios

A covid enfronta a fin de semana en lento crecemento preto dos 2.600 casos e cun volume medio de contaxios arrredor dos 250 diarios.

Así, hoxe hai 2.598 casos activos, 65 máis que onte, con 279 novos contaxios e 211 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 55.920 casos rexistrados e 315 persoas falecidas.

A presión hospitalaria baixa de novo. Hai 1 ingresado na UCI e en planta son 33 (6 menos), 18 están no de Lugo (6 menos), 8 na Mariña 3 máis) e 7 en Monforte (3 menos).

Estes datos acompañan á decisión do comité clínico de eliminar a recomendación do uso de máscaras nos patios dos colexios, aunque mantén a limitación nas aulas. Esta decisión tómase polo elevado número de pequenos vacinados.

POR COMARCAS

A maior parte dos concellos suman casos pero de forma pouco significativa, agás Vilalba con 10. Tamén se rexistraron descensos importantes en Viveiro con 22 menos, Xove con 13 menos e Lugo con 10 menos.

O número de concellos limpos de covid é de 7 e son 17 os que teñen menos de dez casos (1 máis).

A Mariña

  • Alfoz: 11 (1 menos).
  • A Pontenova: 20 (5 máis).
  • Barreiros: 28 (4 máis).
  • Burela: 116 (6 máis).
  • Cervo: 67 (4 máis).
  • Foz: 87.
  • Mondoñedo: 19.
  • Ourol: 12 (2 máis).
  • O Valadouro: 10 (2 menos).
  • O Vicedo: 26.
  • Ribadeo: 66 (5 máis).
  • Viveiro: 327 (22 menos).
  • Xove: 94 (13 menos).
  • Por debaixo de 10: Lourenzá, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 16 (3 máis).
  • A Pastoriza: 12 (1 menos).
  • As Pontes: 182 (1 menos).
  • Begonte: 25 (3 máis).
  • Castro de Rei: 52 (3 máis).
  • Cospeito: 29 (5 máis).
  • Friol: 21.
  • Guitiriz: 49 (5 máis).
  • Meira: 16 (4 máis).
  • Muras: 14 (2 máis).
  • Outeiro de Rei: 59 (9 máis).
  • Rábade: 13 (1 menos).
  • Vilalba: 168 (10 máis).
  • Xermade: 18.
  • Por debaixo de 10: Pol.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 12 positivos (2 máis).
  • Antas de Ulla: 19.
  • Castroverde: 18 (5 máis).
  • Guntín: 23 (3 máis).
  • Lugo: 1.097 (10 menos).
  • Monterroso: 16 (1 máis).
  • O Corgo: 22 (1 máis).
  • Pedrafita: 10.
  • Por debaixo de 10: Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Palas de Rei e Portomarín.
  • Unha semana sen casos: As Nogais, Navia de Suarna e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 15 (1 máis).
  • O Páramo: 15 (1 máis).
  • Sarria: 70 (8 menos).
  • Por debaixo de 10: O Incio, Paradela e Samos.
  • Sen casos en quince días: Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Carballedo: 12 (2 menos).
  • Chantada: 82 (4 menos).
  • Monforte: 113 (3 menos).
  • O Saviñao: 17 (2 menos).
  • Pantón: 18 (3 máis).
  • Quiroga: 13 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Sober e Taboada.
  • Unha semana sen casos: Ribas de Sil.
  • Quince días sen casos: Folgoso do Courel.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).