Skip to main content
Uncategorized @gl

Cae a incidencia da covid nos últimos dous días

Por 21 Marzo, 2022Marzo 22nd, 2022Sin comentarios

As estatísticas da incidencia da covid deron unha sorpresa este luns cunha caída de casos activos pero unha subida da hospitalización dende o sábado.

Así, hoxe hai 2.423 casos activos, 175 menos que onte, con 180 novos contaxios e 521 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 56.266 casos rexistrados e 315 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe de novo. Hai 1 ingresado na UCI e en planta son 44 (11 máis), 26 están no de Lugo (8 máis), 810 na Mariña (2 máis) e 8 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Maior porcentaxe de subidas na Terra Chá e de baixadas na Ribeira Sacra. Suman casos de forma importante Vilalba con 18 máis, Sarria con 14 máis e a veciña As Pontes con 11 máis. Pero tamén hai baixadas destacadas en Viveiro, que cae 27 enfermos e Lugo 17.

O número de concellos limpos de covid é de 6 (1 menos) e son 19 os que teñen menos de dez casos (2 máis).

A Mariña

  • Alfoz: 13 (2 máis).
  • A Pontenova: 20.
  • Barreiros: 31 (3 máis).
  • Burela: 114 (2 menos).
  • Cervo: 66 (1 menos).
  • Foz: 93 (6 máis).
  • Lourenzá: 12.
  • Mondoñedo: 197 (2 menos).
  • Ourol: 12.
  • O Vicedo: 25 (1 menos).
  • Ribadeo: 71 (5 máis).
  • Viveiro: 300 (27 menos).
  • Xove: 88 (6 menos).
  • Por debaixo de 10: O Valadouro, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 17 (1 máis).
  • A Pastoriza: 14 (2 máis).
  • As Pontes: 193 (11 máis).
  • Begonte: 25.
  • Castro de Rei: 44 (8 menos).
  • Cospeito: 32 (3 máis).
  • Friol: 23 (2 máis).
  • Guitiriz: 53 (4 máis).
  • Meira: 17 (1 máis).
  • Muras: 14.
  • Outeiro de Rei: 58 (1 menos).
  • Rábade: 14 (1 máis).
  • Vilalba: 186 (18 máis).
  • Xermade: 17 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Pol.

Centro da provincia

  • Antas de Ulla: 19.
  • Castroverde: 22 (4 máis).
  • Guntín: 24 (1 máis).
  • Lugo: 1.080 (17 menos).
  • Monterroso: 16.
  • O Corgo: 23 (1 máis).
  • Pedrafita: 10.
  • Portomarín: 10.
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Baleira, Baralla, Becerreá, Cervantes, Palas de Rei.
  • Unha semana sen casos: As Nogais, Navia de Suarna e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 18 (3 máis).
  • O Páramo: 14 (1 menos).
  • Sarria: 84 (14 máis).
  • Por debaixo de 10: O Incio, Paradela e Samos.
  • Sen casos en quince días: Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 81 (1 menos).
  • Monforte: 111 (2 menos).
  • O Saviñao: 16 (1 menos).
  • Pantón: 20 (2 máis).
  • Quiroga: 11 (2 menos).
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
  • Quince días sen casos: Folgoso do Courel.

RESTRICIÓNS

  • Certificado covid só en centros sanitarios.
  • Uso de máscaras só obrigatorio en interior.
  • A cuarentenas serán de 7 días (en lugar de 10).