Skip to main content
Uncategorized @gl

A covid mantense por debaixo dos 2.500 casos

Por 22 Marzo, 2022Sin comentarios

A covid mantén a súa estabilidade arredor por debaixo dos 2.500 casos e cunha media diaria de contaxios algo inferior aos 300 mentres a hospitalización segue a fluctuar.

Así, hoxe hai 2.472 casos activos, 49 máis que onte, con 288 novos contaxios e 238 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 56.553 casos rexistrados e 315 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe de novo. Hai 1 ingresado na UCI e en planta son 45 (1 máis), 26 están no de Lugo, 9 na Mariña e 9 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Mantense unha tendencia á alza de forma somera na análise de concello a concello. Suman casos de forma importante Vilalba con 24 máis e Lugo con 22 máis e sen baixadas destacadas.

O número de concellos limpos de covid é de 6 e son 16 os que teñen menos de dez casos (3 menos).

A Mariña

  • Alfoz: 14 (1 máis).
  • A Pontenova: 22 (2 máis).
  • Barreiros: 34 (3 máis).
  • Burela: 120 (6 máis).
  • Cervo: 65 (1 menos).
  • Foz: 99 (6 máis).
  • Lourenzá: 15 (3 máis).
  • Mondoñedo: 17.
  • Ourol: 10 (2 menos).
  • O Vicedo: 25.
  • Ribadeo: 71.
  • Viveiro: 297 (3 menos).
  • Xove: 91 (3 máis).
  • Por debaixo de 10: O Valadouro, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 20 (3 máis).
  • A Pastoriza: 14.
  • As Pontes: 192 (1 menos).
  • Begonte: 29 (4 máis).
  • Castro de Rei: 41 (3 menos).
  • Cospeito: 35 (3 máis).
  • Friol: 22 (1 menos).
  • Guitiriz: 50 (3 menos).
  • Meira: 17.
  • Muras: 12 (2 menos).
  • Outeiro de Rei: 60 (2 máis).
  • Rábade: 14.
  • Vilalba: 210 (24 máis).
  • Xermade: 17.
  • Por debaixo de 10: Pol.

Centro da provincia

  • Antas de Ulla: 20 (1 máis).
  • Baralla: 11.
  • Castroverde: 25 (3 máis).
  • Guntín: 26 (2 máis).
  • Lugo: 1.102 (22 máis).
  • Monterroso: 15 (1 menos).
  • O Corgo: 21 (2 menos).
  • Palas de Rei: 13.
  • Pedrafita: 10.
  • Portomarín: 10.
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Cervantes.
  • Unha semana sen casos: As Nogais, Navia de Suarna e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 18.
  • O Páramo: 16 (2 máis).
  • Sarria: 89 (5 máis).
  • Por debaixo de 10: O Incio, Paradela e Samos.
  • Sen casos en quince días: Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 74 (7 menos).
  • Monforte: 116 (5 máis).
  • O Saviñao: 15 (1 menos).
  • Pantón: 21 (1 máis).
  • Quiroga: 10 (2 menos).
  • Taboada: 10.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Ribas de Sil e Sober.
  • Quince días sen casos: Folgoso do Courel.