Skip to main content
Uncategorized @gl

Os concellos limpos de covid quedan reducidos a catro

Por 23 Marzo, 2022Marzo 24th, 2022Sin comentarios

A covid volve superar a barreira dos 2.500 casoas activos xa que se mantén en crecemento e con contaxios por debaixo dos 300 diarios mentres a hospitalización segue a fluctuar.

Así, hoxe hai 2.553 casos activos, 81 máis que onte, con 264 novos contaxios e 180 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 56.815 casos rexistrados e 316 persoas falecidas, unha máis que onte.

A presión hospitalaria sobe de novo lixeiramente. Hai 1 ingresado na UCI e en planta son 46 (1 máis), 28 están no de Lugo (2 máis), 9 na Mariña e 8 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS

Sen grandes movementos de casos, a covid non deixa cifras de crecemento nen baixadas importantes pero si cae o número de concellos limpos de covid que é de 4 (2 menos) e son 20 os que teñen menos de dez casos (4 máis).

A Mariña

  • Alfoz: 14.
  • A Pontenova: 22.
  • Barreiros: 37 (3 máis).
  • Burela: 121 (1 máis).
  • Cervo: 64 (1 menos).
  • Foz: 103 (4 máis).
  • Lourenzá: 19 (4 máis).
  • Mondoñedo: 17.
  • Ourol: 10.
  • O Vicedo: 29 (4 máis).
  • Ribadeo: 71.
  • Viveiro: 292 (5 menos).
  • Xove: 91.
  • Por debaixo de 10: O Valadouro, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 19 (1 menos).
  • A Pastoriza: 13 (1 menos).
  • As Pontes: 199 (7 máis).
  • Begonte: 26 (3 menos).
  • Castro de Rei: 39 (2 menos).
  • Cospeito: 34 (1 menos).
  • Friol: 23 (1 máis).
  • Guitiriz: 52 (2 máis).
  • Meira: 17.
  • Muras: 12.
  • Outeiro de Rei: 62 (2 máis).
  • Rábade: 13 (1 menos).
  • Vilalba: 214 (4 máis).
  • Xermade: 19 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: Pol.

Centro da provincia

  • Antas de Ulla: 17 (3 menos).
  • Baralla: 11.
  • Castroverde: 23 (2 menos).
  • Guntín: 26.
  • Lugo: 1.101 (1 menos).
  • Monterroso: 17 (2 máis).
  • O Corgo: 22 (1 máis).
  • Palas de Rei: 16 (3 máis).
  • Pedrafita: 10.
  • Portomarín: 11 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Cervantes.
  • Unha semana sen casos: As Nogais e Navia de Suarna.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 23 (5 máis).
  • O Páramo: 15 (1 menos).
  • Sarria: 87 (2 menos).
  • Por debaixo de 10: O Incio, Paradela, Samos e Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 69 (5 menos).
  • Monforte: 108 (8 menos).
  • O Saviñao: 18 (3 máis).
  • Pantón: 26 (5 máis).
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.