Skip to main content
Uncategorized @gl

A provincia rompe outro límite subindo dos 300 casos novos diarios de covid

Por 24 Marzo, 2022Marzo 25th, 2022Sin comentarios

A covid volve romper a tendencia e supera as estatísticas das últimas semanas con máis de 300 casos novos  e cun novo falecido mentres os casos activos seguen crecendo.

Así, hoxe hai 2.726 casos activos, 173 máis que onte, con 308 novos contaxios e 134 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 57.123 casos rexistrados e 317 persoas falecidas, unha máis que onte.

Pola contra, a presión hospitalaria baixa de novo. Hai 1 ingresado na UCI e en planta son 44 (2 menos), 27 están no de Lugo (1 menos), 1 no Polusa, 9 na Mariña e 7 en Monforte (1 menos).

POR COMARCAS

Tres subidas bruscas de casos, lideradas por Lugo, con 37 máis, Vilalba con 17 e Viveiro con 12 máis.

O número de concellos limpos de covid é de 5 (1  máis) e son 21 os que teñen menos de dez casos (1 máis).

A Mariña

  • Alfoz: 13 (1 menos).
  • A Pontenova: 22.
  • Barreiros: 35 (2 menos).
  • Burela: 116 (5 menos).
  • Cervo: 68 (4 máis).
  • Foz: 100 (3 menos).
  • Lourenzá: 19.
  • Mondoñedo: 18 (1 máis).
  • O Vicedo: 29.
  • Ribadeo: 71.
  • Viveiro: 304 (12 máis).
  • Xove: 91.
  • Por debaixo de 10: Ourol, O Valadouro, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 20 (1 máis).
  • A Pastoriza: 14 (1 máis).
  • As Pontes: 195 (4 menos).
  • Begonte: 27 (1 máis).
  • Castro de Rei: 45 (6 máis).
  • Cospeito: 34.
  • Friol: 23.
  • Guitiriz: 49 (3 menos).
  • Meira: 15 (2 menos).
  • Muras: 12.
  • Outeiro de Rei: 63 (1 máis).
  • Rábade: 14 (1 máis).
  • Vilalba: 231 (17 máis).
  • Xermade: 17 (2 menos).
  • Por debaixo de 10: Pol.

Centro da provincia

  • Antas de Ulla: 16 (1 menos).
  • Baralla: 13 (2 máis).
  • Castroverde: 27 (4 máis).
  • Guntín: 25 (1 menos).
  • Lugo: 1.138 (37 máis).
  • Monterroso: 19 (2 máis).
  • O Corgo: 19 (3 menos).
  • Palas de Rei: 17 (1 máis).
  • Portomarín: 12 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Cervantes.
  • Unha semana sen casos: Navia de Suarna e Pedrafita.
  • Quince días sen casos: As Nogais, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 23.
  • O Páramo: 15.
  • Sarria: 83 (4 máis).
  • Por debaixo de 10: O Incio, Paradela, Samos e Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 65 (4 menos).
  • Monforte: 104 (4 menos).
  • O Saviñao: 18.
  • Pantón: 26.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.