Skip to main content
Uncategorized @gl

Un novo paciente na UCI nunha nova xornada á alza

Por 25 Marzo, 2022Marzo 26th, 2022Sin comentarios

A covid mantén un ritmo de crecemento constante por riba das altas o que está a provocar un continuo aumento dos casos activos mentres a hospitalización segue co seu cambio de tendencia día a día.

Así, hoxe hai 2.817 casos activos, 91 máis que onte, con 244 novos contaxios e 155 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 57.369 casos rexistrados e 317 persoas falecidas.

Pola contra, a presión hospitalaria baixa de novo. Hai 2 ingresados na UCI (1 máis) e en planta son 38 (6 menos), 25 están no de Lugo (2 menos), 1 no Polusa, 7 na Mariña (2 menos) e 5 en Monforte (2 menos).

POR COMARCAS

Sen subidas importantes destacan as baixadas de Xove (17 menos), Lugo (14) e Viveiro (12).

O número de concellos limpos de covid segue a ser de 5 e son 16 os que teñen menos de dez casos (5 menos).

A Mariña

  • Alfoz: 15 (2 máis).
  • A Pontenova: 23 (1 máis).
  • Barreiros: 39 (4 máis).
  • Burela: 113 (3 menos).
  • Cervo: 75 (7 máis).
  • Foz: 101 (1 máis).
  • Lourenzá: 20 (1 máis).
  • Mondoñedo: 18.
  • Ourol: 10.
  • O Vicedo: 27 (2 menos).
  • Ribadeo: 74 (3 máis).
  • Viveiro: 292 (12 menos).
  • Xove: 74 (17 menos).
  • Por debaixo de 10: O Valadouro, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 19 (1 menos).
  • A Pastoriza: 15 (1 máis).
  • As Pontes: 193 (2 menos).
  • Begonte: 28 (1 máis).
  • Castro de Rei: 47 (2 máis).
  • Cospeito: 340 (6 máis).
  • Friol: 24 (1 máis).
  • Guitiriz: 49.
  • Meira: 12 (3 menos).
  • Muras: 11 (1 menos).
  • Outeiro de Rei: 66 (3 máis).
  • Rábade: 15 (1 máis).
  • Vilalba: 238 (7 máis).
  • Xermade: 17.
  • Por debaixo de 10: Pol.

Centro da provincia

  • Antas de Ulla: 19 (3 máis).
  • Baralla: 13.
  • Castroverde: 25 (2 menos).
  • Guntín: 25.
  • Lugo: 1.124 (14 menos).
  • Monterroso: 25 (6 máis).
  • O Corgo: 19.
  • Palas de Rei: 20 (3 máis).
  • Portomarín: 13 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: A Fonsagrada, Baleira, Becerreá, Cervantes.
  • Unha semana sen casos: Navia de Suarna e Pedrafita.
  • Quince días sen casos: As Nogais, Negueira de Muñiz e Ribeira de Piquín.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 25 (2 máis)
  • O Páramo: 13 (2 menos).
  • Paradela: 10.
  • Samos: 11.
  • Sarria: 91 (8 máis).
  • Por debaixo de 10: O Incio e Triacastela.

Ribeira Sacra

  • Chantada: 61 (4 menos).
  • Monforte: 104.
  • O Saviñao: 18.
  • Pantón: 26.
  • Quiroga: 11.
  • Taboada: 10.
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Sober.

A Deputación aprobará no Pleno de marzo unha Declaración Institucional agradecendo o comportamento da cidadanía na crise sanitaria.

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, convocou este xoves á Xunta de Voceiros e Voceiras co fin de propoñer o consenso entre os tres grupos políticos representados na Corporación provincial dunha Declaración Institucional de agradecemento ao conxunto da cidadanía polo seu comportamento na crise sanitaria cando se cumpren dous anos do inicio da pandemia da COVID.

PSdeG, BNG e PPdeG acordaron na xuntanza de forma unánime a proposta, que parte da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

Agora que se cumpren dous anos dende que a pandemia da covid fixese sentir a súa pegada no noso país, a Deputación de Lugo aproba esta Declaración Institucional como mostra de agradecemento ó exemplar comportamento cívico dos veciños e veciñas da provincia de Lugo, así como do encomiable traballo dos empregados públicos.

A situación de crise derivada da Covid, inédita en tempos recentes da nosa historia, puxo claramente de manifesto a necesidade de contar con Estados fortes, artellados a través dunhas Administracións Públicas estatal, autonómicas e locais sólidas. Tamén da importancia das políticas públicas como escudo fronte as adversidades e dun sistema de cogobernanza leal, ben organizado e eficaz, que recoñeza a importancia da administración local en canto esta é a máis próxima ó día a día do cidadán.

Nestes dous anos de pandemia vimos xurdir exemplos de esforzo colectivo e de solidariedade. Puxéronse en marcha exemplos de cogobernanza dende o diálogo e o acordo, para afrontar dun xeito compartido os retos do presente e preparar xuntos a construción do noso futuro.

Neste segundo aniversario queremos render homenaxe a toda a sociedade, ó sector privado, á sociedade civil e tamén ó papel desenvolvido polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde. A Deputación quere recoñecer tamén o traballo do resto das Administracións Públicas, concellos, Xunta de Galicia e Goberno de España, enfrontadas coma nos ó desafío e a crise que xeraba a pandemia.

Queremos amosar un especial agradecemento a todos os traballadores e traballadoras que mesmo nos peores momentos da crise seguiron prestando un servizo público. Os traballadores dos concellos, desta Deputación, da Administración Xeral do Estado e da Xunta de Galicia. Ós servidores públicos que durante estes dous anos seguiron traballando, atendendo e protexendo ós cidadáns.

Nos momentos máis escuros, mesmo durante o confinamento, a Sanidade, os Corpos e Forzas de Seguridade, o persoal de limpeza e desinfección, a Educación…. todos seguiron desenvolvendo a súa tarefa. Uns de xeito presencial, adoptando medidas de protección para protexerse e para diminuír o risco para o resto da cidadanía. Outros apostando polo teletraballo, a atención telefónica, as clases virtuais. As novas tecnoloxías e a capacidade para adoptar novos xeitos de organizar as tarefas axudaron a manternos en contacto cando a pandemia pretendía afastarnos.

Foron dous anos de moita esixencia, de adicación total, nun tempo difícil, duro e doloroso. Un tempo que os empregados públicos fixeron máis doado para a cidadanía ca súa entrega, capacidade de traballo e vocación de servizo. Dous anos nos que, máis que nunca, todos nos sentimos orgullosos dos nosos Servizos Públicos.

Por iso hoxe reiteramos o noso agradecemento a todos e a todas, ó conxunto dos traballadores e traballadoras das Administracións Públicas. Dun xeito especial a todos aqueles que nos concellos formaron parte dos “servizos esenciais”: Policía Local, Bombeiros e Protección Civil, Limpeza Viaria

e Recollida de Residuos, Axuda a Domicilio, Teleasistencia, Atención a Vítimas da Violencia de Xénero, Augas e Redes de Abastecemento, Alumeado Público, Limpeza de edificios e dependencias municipais, Servizos Sociais, Atención á Cidadanía, Servizo de Obras, Servizos Funerarios e Cemiterios, Transportes, Atención e Protección de animais, Tesourería, Secretaría, Intervención, Responsables de Unidades Administrativas, Mantemento, Gabinetes de Comunicación e Informáticos.


E xunto con eles, queremos poñer en valor tamén o papel de tantas persoas de diversos sectores da empresa privada, que foron esenciais durante ese tempo para dar unha resposta contundente á pandemia, tanto no fronte sanitario como no eido económico.

Gracias por tanto e gracias por todo. Reaccionamos xuntos ante unha ameaza que nos fixo descubrir todo aquelo do que somos capaces como sociedade cando cada un aporta o mellor de si mesmo, cando traballamos xuntos e cando apostamos por defender o noso modelo de sociedade, baseada nos valores democráticos e na fortaleza dos Servizos Públicos.