Skip to main content
Uncategorized @gl

Aumenta a hospitalización pero a tendencia continúa á baixa

Por 28 Marzo, 2022Marzo 29th, 2022Sin comentarios

Continuou a caída de casos activos esta fin de semana impulsado pola baixada de novos positivos e as altas acumuladas de dúas xornadas xa que o domingo non se actualizaron as estatísticas. Endurécese a hospitalización cun caso máis na UCI.

Así, este luns hai 2.588 casos activos, 156 menos que onte, con 138 novos contaxios e 452 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 57.907 casos rexistrados e 319 persoas falecidas.

A presión hospitalaria sobe de novo. Agora son 3 os ingresados na UCI (1 máis) e en planta son 36 (3 máis), 20 están no de Lugo (1 máis), 1 no Polusa, 9 na Mariña (1 máis) e 6 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS

Vilalba destaca nas estatísticas de hoxe polo elevado número de casos que incorporou esta fin de semana, 24 máis mentres o resto opta pola estabilidade. Compensa a baixada de 12 en Viveiro, 11 en Burela e 10 en Xove.

O número de concellos limpos de covid segue en 6 e son 15 os que teñen menos de dez casos (1 máis).

A Mariña

  • Alfoz: 15.
  • A Pontenova: 23.
  • Barreiros: 38 (1 menos).
  • Burela: 108 (11 menos).
  • Cervo: 82 (3 máis).
  • Foz: 102 (1 máis).
  • Lourenzá: 22 (1 máis).
  • Mondoñedo: 21 (2 máis).
  • O Vicedo: 29.
  • Ribadeo: 69 (4 menos).
  • Viveiro: 271 (12 menos).
  • Xove: 65 (10 menos).
  • Por debaixo de 10: Ourol, O Valadouro, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 23 (1 máis).
  • A Pastoriza: 14 (1 menos).
  • As Pontes: 186 (7 menos).
  • Begonte: 29 (1 menos).
  • Castro de Rei: 52 (4 máis).
  • Cospeito: 46 (2 menos).
  • Friol: 25.
  • Guitiriz: 47 (5 menos).
  • Meira: 13 (2 máis).
  • Outeiro de Rei: 64 (3 máis).
  • Rábade: 13.
  • Vilalba: 266 (24 máis).
  • Xermade: 14 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: Pol.
  • Unha semana sen casos: Muras

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 11.
  • Antas de Ulla: 14 (3 menos).
  • Baralla: 11.
  • Castroverde: 27.
  • Guntín: 17 (8 menos).
  • Lugo: 1.123 (4 menos).
  • Monterroso: 31 (5 máis).
  • O Corgo: 18.
  • Palas de Rei: 28 (5 máis).
  • Portomarín: 14.
  • Por debaixo de 10: Baleira, Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: Pedrafita.
  • Quince días sen casos: As Nogais e Negueira de Muñiz.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 26.
  • O Páramo: 10 (2 menos).
  • Paradela: 12 (1 máis).
  • Samos: 15 (2 máis).
  • Sarria: 104 (8 máis).
  • Por debaixo de 10: O Incio e Triacastela.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 11.
  • Chantada: 58 (5 menos).
  • Monforte: 110 (4 máis).
  • O Saviñao: 15 (1 menos).
  • Pantón: 22 (3 menos).
  • Quiroga: 12 (1 máis).
  • Sober: 10.
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Folgoso do Courel e Taboada.
  • Unha semana sen casos: Carballedo e Ribas de Sil.