Skip to main content
Uncategorized @gl

A tendencia a unha baixada lenta mantense

Por 31 Marzo, 2022Sin comentarios

Caen os novos contaxios nesta xornada mantendo unha tendencia lenta de goteo pero cos casos novos tamén por debaixo dos 150.

Hoxe hai 2.283 casos activos, 18 menos que onte, con 131 novos contaxios e 145 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 58.284 casos rexistrados e 319 persoas falecidas.

A presión hospitalaria segue estable. Son 2 os ingresados na UCI e en planta son 36, 24 están no de Lugo, 9 na Mariña e 3 en Monforte.

POR COMARCAS

A tendencia á baixa mantense na análise por concellos. Sen subidas destacadas, si son salientables as baixadas de casos en Lugo (33 menos), Vilalba (16), Monforte (14) e a veciña As Pontes (11).

O número de concellos limpos de covid segue en 5 e son 18 os que teñen menos de dez casos.

A Mariña

  • A Pontenova: 22.
  • Barreiros: 34.
  • Burela: 89 (2 menos).
  • Cervo: 79 (8 máis).
  • Foz: 82 (2 máis).
  • Lourenzá: 16 (2 menos).
  • Mondoñedo: 39 (8 máis).
  • O Vicedo: 22.
  • Ribadeo: 50 (1 menos).
  • Viveiro: 255 (3 menos).
  • Xove: 55 (4 menos).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, Ourol, O Valadouro, Riotorto e Trabada.

Terra Chá

  • Abadín: 17 (4 menos).
  • A Pastoriza: 10 (1 menos).
  • As Pontes: 155 (11 menos).
  • Begonte: 22.
  • Castro de Rei: 43 (2 menos).
  • Cospeito: 44 (2 menos).
  • Friol: 16.
  • Guitiriz: 37 (4 menos).
  • Meira: 15 (1 máis).
  • Outeiro de Rei: 58 (2 menos).
  • Rábade: 13 (1 máis).
  • Vilalba: 238 (16 menos).
  • Xermade: 13.
  • Por debaixo de 10: Pol.
  • Unha semana sen casos: Muras

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 12.
  • Becerreá: 14 (2 máis).
  • Castroverde: 28 (2 menos).
  • Guntín: 13 (1 menos).
  • Lugo: 967 (33 menos).
  • Monterroso: 32.
  • O Corgo: 17 (2 menos).
  • Palas de Rei: 28 (1 menos).
  • Portomarín: 15 (1 menos).
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Ribeira de Piquín.
  • Quince días sen casos: As Nogais, Negueira de Muñiz e Pedrafita.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 24.
  • O Incio: 10.
  • O Páramo: 10.
  • Paradela: 12.
  • Samos: 29 (1 máis).
  • Sarria: 104 (3 máis).
  • Sen casos nunha semana: Triacastela.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 11 (1 menos).
  • Carballedo: 11.
  • Chantada: 44 (4 menos).
  • Monforte: 86 (14 menos).
  • Pantón: 19 (1 menos).
  • Taboada: 11.
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Folgoso do Courel, O Saviñao, Quiroga, Ribas de Sil e Sober.