Skip to main content
Alfoz

Alfoz acolle no mes de abril dúas obras de teatro para retomar a vida cultural

Por 8 Abril, 2022Abril 9th, 2022Sin comentarios

O Concello de Alfoz acolle no mes de abril dúas obras de teatro para retomar a vida cultural na que o teatro é, sen dúbida, un pilar fundamental. A entrada e libre e gratuíta, mantendo as medidas de seguridade sanitaria correspondentes.

A Asociación Cultural Abrente, das Nogais, representará As tres solteironas o sábado 23 de abril ás 20.00 horas no salón de actos da casa da cultura de Alfoz.

Unha comedia ambientada nos anos 50 que caricaturiza a ansia dos familiares por amañar as súas herdanzas pactando casamentos, cunha trama argumental que se complica por certos intereses económicos, algún namoramento imprevisto, un cura de armas tomar, envexas, malas linguas e ata unha maga e un enxame de abellas…

A obra escrita polo párroco Ángel Eiriz, conta cun elenco de 13 actrices e actores da Agrupación Cultural Abrente que en 2016 creou este grupo de teatro.

Lume Escénico, da Pontenova, representará a obra Cousas de Bares, aínda pendente de fixar data, malia si que será en horario de 20.00 horas no salón de actos da casa da cultura.