Skip to main content
Barreiros

Barreiros oferta baile infantil para ampliar o abano de actividades das Escolas Deportivas

Por 6 Abril, 2022Abril 7th, 2022Sin comentarios

O Concello de Barreiros organiza unha nova actividade que amplía o abano de propostas ofertadas desde as Escolas Deportivas Municipais para a tempada 21-22.

Esta nova actividade será baile infantil e desenvolverase 1 día á semana (tódolos martes lectivos de 18:15h. a 19:15h.) durante os meses de abril, maio e xuño no pavillón municipal de San Cosme e está destinada a crianzas nadas entre o 2008 e o 2017, ambos inclusive.

Co desenvolvemento das actividades rítmicas con bases musicais como é o baile, favorecese o control motor dos nenos/as, a capacidade de interacción co medio e co resto das persoas e tamén lles aporta beneficios cardiovasculares e respiratorios polo que é unha proposta altamente recomendable.

INSCRICIÓN

O prazo de inscrición estará aberto desde o 6 ó 15 de abril e só se poderá facer a través da sede electrónica do Concello de Barreiros ou na oficina de rexistro municipal, de luns a venres en horario de 9:30h. a 14:30 h. mediante o seguinte formulario de inscrición.

So se poderá presentar un formulario de inscrición por persoa, de solicitar praza para varios/as menores realizarase unha inscrición por cada menor.

No caso de solicitar praza para unha persoa xa inscrita nas EDM Barreiros Menores deberase indicar na solicitude de inscrición, quedando así exenta de aportar a documentación requerida xa que se tomará a facilitada na solicitude de inscrición vixente.

TAXAS

Para os nenos inscritos nas EDM Barreiros en multideporte a actividade é gratuíta, e noutas actividades terán que pagar 10€/mes. Para nenos non inscritas nas EDM Barreiros serán 15€/mes.