Skip to main content
Vegadeo

A casa de cultura de Vegadeo acolle dúas actividades dentro do Circuito de Asturies Cultura en Rede

Por 19 Abril, 2022Sin comentarios

Esta semana na casa de cultura de Vegadeo acollerá dúas actividades dentro do Circuito de Asturies Cultura en Rede.

Así, o mércores día 20 abrirase ao público a exposición RCTA (Reinterpretación da Cultura Tradicional Asturiana) do artista asturiano Ricardo Villoria, un percorrido a través de fotografía, vídeo, música e indumentaria da cultura asturiana. E o vindeiro xoves 28 de abril ás 19.00 haberá horas a posibilidade de realizar unha visita guiada co autor das obras.

O venres 22 de abril ás 18.00 horas, no Auditorio Félix Menéndez, haberá unha actuación da compañía Teatro do Cuervo con B-612 unha adaptación, recomendada para nenos e nenas á partir de 6 anos e para maiores, do Principiño e da vida do seu autor, Antoine de Saint- Exupéry.
A entrada será gratuíta.

Máis información sobre estas e outras actividades na súa páxina web.