Skip to main content
Viveiro

Viveiro súmase as actividades do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

Por 8 Abril, 2022Sin comentarios

O plan de acción da entidade para 2022 céntrase en proxectos de cooperación internacional e a sensibilización sobre a Axenda 2030 e o cambio climático.

O Concello de Viveiro súmase ao impulso da cooperación internacional, a Axenda 2030 e á loita contra o cambio climático, apoiando a aprobación do Plan de Actividades 2022 do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. 

Todas as deputacións e concellos socios, incluíndo o Concello de Viveiro, aprobaron o plan de acción da entidade, na Asemblea Xeral celebrada onte en Santiago. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro está presente na Comisión Executiva desta entidade, como representante da Deputación de Lugo. Ademais da rexedora, tamén estivo presente o tenente de alcaldesa, Jesús Fernández, representando ao Concello de Viveiro.  

A entidade contará cun orzamento de 486.780 para este ano, que permitirá impulsar actividades baseadas na cooperación internacional, a Axenda 2030 e o cambio climático. Deste modo, promóvense proxectos de cooperación ao desenvolvemento na África lusófona, despregar axuda humanitaria e de emerxencia e apoio nos campamentos de persoas refuxiadas saharauís. 

Tamén se realizan programas de cooperación técnica, no que traballadores/as da administración local galega colaboran en proxectos en distintos países. A súa actividade complétase con iniciativas de sensibilización sobre os obxectivos 2030, colaboración con ONG, ou o proxecto europeo People&Planet, que conciencia sobre as consecuencias do cambio climático. 

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade intégrano máis de 100 concellos, xunto coas Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra. O obxectivo desta entidade, da que o Concello de Viveiro forma parte, é sumar esforzos en materia de cooperación e o desenvolvemento. 

Deste modo, realízanse proxectos con impacto nos países do Sur Global, sensibilizando á sociedade galega en prol da solidariedade internacional. Neste ano, a entidade celebra o seu 25 aniversario.