Skip to main content
Axenda Caducada

Solo Voces ofrece un concerto solidario en Rábade este sábado

Por 7 Abril, 2022Abril 9th, 2022Sin comentarios

Este sábado, 9 de abril, ás 20.30 horas, terá lugar en Rábade un concerto de música coral, a cargo do Grupo Sólo Voces, coa finalidade de recadar fondos, para contribuir a paliar a crise humanitaria, provocada en Ucraína pola invasión rusa.

As entradas colaboración teñen un custo de 5 euros e poden ser adquiridas no Concello, así como en diferentes establecementos comerciais da vila, que colaboran neste evento; así mesmo existe unha fila 0 para colaboracións económicas que se queiran aportar, na conta que figura no cartel.

A totalidade da recadación será entregada a ACCEM, entidade que está a colaborar na xestión desta axuda humanitaria.

Neste evento colabora Solo Voces, a Asociación Águeda de Rábade, a Asociación de Hosteleiros de Rábade, a Asociación de Comerciantes de Rábade, a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial, Asociación Músico Crisanto, e o IES Río Miño.