Skip to main content
Axenda Caducada

O colectivo Lecer de Gamelle inicia hoxe un programa de actividades na escola polense de Cirio

Por 8 Abril, 2022Abril 29th, 2022Sin comentarios

O colectivo cultura e deportivo de Pol Lecer de Gamelle organiza unha serie de actividades no mes de abril que se desenvolverán na Escola de Cirio.

Así, esta tarde haberá xogos de mesa para adultos e nenos e. unha merenda entre as 16.30 e as 18.30 horas para continuar o domingo cunha sesión vermú e uns aperitivos que se serbirán despois da misa do Domingo de Ramos.

O colectivo ten preparadas tamén outras actividades para os próximos días. Así, o sábado 16 terá lugar un taller de baile en sesión de tarde que rematará cuns petiscos.

Continuarán  o 22, venres, con xogos de mesa para adultos e nenos ademais dunha merenda  a partir das 16.30 horas.

Por último, o venres 29 está previsto tamén un obradoiro de ximnasia de mellora da mobilidade e alineación para unha mellora da saúde ósea e muscular. Será tamén en horario de tarde.

Pode confirmarse asistencia con Benilde no 622 038 375 ou Milagros. no 664 073 068.