Skip to main content
Axenda Caducada

A exposición de autores locais do Valadouro estará aberta ata o 30 de abril

Por 9 Abril, 2022Abril 30th, 2022Sin comentarios

A delegación de cultura do Concello do Valadouro informa de que a exposición de autores locais que se inaugurou o pasado 25 de marzo, continua aberta durante este mes de abril ata o día 30. As obras atópanse na instalacións da planta baixa da Casa da Cultura en horario de 10:00 a 14:00 polas mañás e de 15:30 a 20:30 polas tardes.

Nesta exposición Fina Geada, Emilio Miguez e Pilar Casabella amosan os seus últimos traballos feitos con distintas técnicas artísticas e pictóricas inspiradas na natureza, nas vilas do entorno, nas súas xentes e nas súas raices.