Skip to main content
Axenda Caducada

Volve a Festa da Enfariñada de Trabada

Por 12 Abril, 2022Maio 1st, 2022Sin comentarios

O 30 de abril o Concello de Trabada terá dúas importantes celebracións, por unha banda a 3ª Festa da Xuventude e por outro a Festa Gastrónomica da Enfariñada.

Estas dúas citas darán comezo o 30 de abril ás 17.00 horas, a Festa da xuventude, co acto conmemorativo do terceiro aniversario do centro de atención aos maiores no que haberá un concerto moi especial da Banda de Música de Ribadeo.

Xa ás 23.00 horas dará comezo a propia Festa da xuventude co grupo de música Nueva Fuerza e a discoteca móvil The Sound project.

Xa o 1 de maio será a esperada Festa Gastrónomica da Enfariñada que contará con tres actuacións. Ás 12´.00 horas haberá pasarrúas a cargo do Cuarteto Tradicional Xaramolo, acto seguido, ás 13.30 horas, o grupo A Tajea animará a festa, e xa pola tarde ás 16.30 horas, será a actuación de Pepe Vaamonde Grupo.

“Agardamos que guste esta programación, por unha banda mantemos vivo o espíritu tradicional da nosa festa gastronómica, e por outra quixemos celebrar a volta á normalidade cunha programación especialmente dirixida a quen peor o pasou na pandemia; as persoas maiores, os máis vulnerables frente á COVID-19 e a xuventude, que se viu privada do ocio na etapa que máis apetece saír asique en Trabada voltamos á normalidade con moita música”, di a rexedora municipal Mayra García Bermúdez.