Skip to main content
Axenda Caducada

Begonte celebra o 21 de maio a Festa da Xuventude

Por 16 Abril, 2022Maio 23rd, 2022Sin comentarios

O Concello de Begonte celebrará o día 21 de maio a Festa da Xuventude, unha celebración na que se busca ofrecer unha alternativa de ocio á xente moza do Concello.

A festa, que terá lugar en sábado na praza do Concello, contará con varias actuacións orientadas á música dos máis novos.

Para colaborar na organización compre contactar co Concello de Begonte ou chamar ao teléfono 619 455 026 ou tamén por correo electrónico a cultura@concellodebegonte.es-