Skip to main content
Axenda Caducada

Foz acollerá a segunda xornada da liga Galega de Halterofilia

Por 21 Abril, 2022Abril 30th, 2022Sin comentarios

As instalacións da Quenlla CrossFit de Fazouro, no Concello de Foz, acollerán o vindeiro sábado 30 de abril a segunda xornada da liga Galega de Halterofilia 2022.

O responsable de Quenlla Crossfit asegura que é un “orgullo poder ser a sé da segunda xornada autonómica desta competición” e informa que un centenar de levantadores desprazaranse a Foz para disputar a proba pertencente a Xornada de Liga Galega de Clubs e a Copa Galega de Clubs.

Quenlla CrossFit abriu as súas portas a comezos do mes de marzo e é o primeiro centro oficial desta disciplina na Mariña lucense.