Skip to main content
Axenda Caducada

Becerreá celebrará a batalla da ponte de Cruzul do 13 ao 15 de maio

Por 27 Abril, 2022Maio 16th, 2022Sin comentarios

A festa de recreación histórica de Becerreá volverá a celebrarse a fin de semana do 13 ao 15 de maio. A batalla da ponte de Cruzul foi un episodio da guerra da independencia onde as tropas napoleónicas acamparon no municipio para loitar e facerse co territorio. Esta festa, prevista para a súa celebración no ano 2020 tivo que ser adiada ata a actualidade por mor da pandemia.

O fin da celebración desta festa é dar a coñecer este episodio da Guerra da Independencia cando o Exército británico marchou cara A Coruña.

As previsións cara os seguintes anos é seguir celebrando esta data e que se consolide no calendario festivo da vila.

Desta forma, o venres 13 terá lugar a montaxe do campamento na Carballeira e ás 20.00 horas haberá unha conferencia a cargo do doutor en Historia, Javier Gómez Vila. O sábado 14, ás 12.00 horas terá lugar unha formación marcial diante do Concello, ás 18.00 horas será a batalla da Ponte de Cruzul. A recreación da retirada do exército británico do sir J. Moore ante o exército francés. Para rematar coa programación ás 11.00 horas do domingo será a recreación da emboscada a unha columna formada por parte das alarmas da zona no descampado preto do campamento.