Skip to main content
LugoSarria

Alumnos de Lugo e Sarria visitaron o parque eólico de Monciro

Por 7 Abril, 2022Abril 8th, 2022Sin comentarios

Alumnos do CIFP Politécnico de Lugo e do IES Gregorio Fernández de Sarria visitaron o parque eólico de Monciro, nos municipios de Castroverde e Pol. Preto de 50 estudantes lucenses destes dous centros educativos participaron nunha visita guiada, organizada por Fundación Naturgy, na que recibiron información sobre o funcionamento do parque eólico, pero tamén sobre a montaxe e o mantemento deste tipo de instalacións.

Este tipo de visitas educativas proporciona aos alumnos coñecementos técnicos actualizados aos futuros profesionais do sector do mantemento eléctrico e das enerxías renovables.

Esta fundación mantén un forte compromiso social con Galicia e basea o seu desenvolvemento eólico na integración económica e social dos seus proxectos naquelas zonas nas que se implanta. A compañía sempre apostou por ter unha relación estreita cos veciños do territorio nos que se sitúan os seus proxectos, que xeran un valor compartido na comunidade. A apertura ao público das instalacións responde á vontade de transparencia no marco do seu compromiso coa transición enerxética e a súa aposta polas enerxías renovables.