Skip to main content
Lugo

A Xunta de Goberno do Concello de Lugo terá como protagonista as licenzas urbanísticas

Por 12 Abril, 2022Sin comentarios

As licenzas urbanísticas protagonizan, esta semana, o groso de asuntos que se abordarán en Xunta de Goberno. O goberno local ten previsto validar mañá 7 actuacións que suporán un investimento conxunto na cidade que ascende a 4.393.349 euros.

Entre as licenzas outorgadas figura unha para a creación dun edificio de dúas plantas para 46 vivendas ‘passivhaus’, en Sanfiz.

Trátase da máis cuantiosa, orzamentada en 4.020.574 euros, que se axusta á perfección ao modelo de urbanismo sostible impulsado pola rexedora lucense ao abeiro da segunda gran transformación que está a realizar do municipio e coa que se pretende fomentar a construción de edificacións respectuosas e eficientes enerxeticamente que causen un menor impacto paisaxístico e medioambiental.

Inmobles cuxa tramitación urbanística a alcaldesa se comprometeu a axilizar todo o posible, pulando así por favorecer un interese do sector en torno a eles.

Por outra banda, o equipo de Goberno aprobará tamén outra licenza para acometer a Fase I do proxecto de rehabilitación parcial dun inmoble, sito rúa do Teatro, no que se levarán a cabo reforzos e reparacións estruturais e de muros de mampostería así como a reposición da galería da fachada traseira – executada con madeira de castaño – co fin de garantir a seguridade e durabilidade do mesmo.

Igualmente, na sesión deste mércores autorizarase a instalación de senllos ascensores en vivendas das rúas Bon Xesús, Baluro e Roi Xordo, unha agregación de parcelas no Parque Empresarial das Gándaras e unha segregación de terreos en San Xoan.