Skip to main content
Lugo

O Concello de Lugo responde ás informacións verquidas polo PP relativa aos novos hortos urbanos da Garaballa

Por 28 Abril, 2022Abril 30th, 2022Sin comentarios

O Concello de Lugo responde ás informacións verquidas polo Grupo Municipal do PP relativa aos novos hortos urbanos da Garaballa, o goberno municipal, novamente, quere aclarar que o proxecto é a creación de 12.600 m² de novos espazos axardinados e innovadores para o lecer da cidadanía e pensado especialmente para impulsar relacións interxeracionais, nos que se desenvolverán usos lúdicos, agrícolas e ecolóxicos.

Neste senso, subliñar que o proxecto inclúe zonas de cultivo, con funcionalidade terapéutica e didáctica en prol desta convivencia interxeracional e para incentivar o consumo quilómetro cero e, polo tanto, sostible, e unha alimentación saudable, con seis tipoloxías de hortos urbáns (cidadán, terapéutico, para maiores, escolar, familiar e didáctico). Pero tamén incorpora zonas axardinadas, que potenciarán a biodiversidade da contorna; e zonas estanciais, que se dotarán de bancos, mesas de picnic, randeeiras, etc. para para propiciar as relacións interxeracionais da veciñanza e a sociabilización. Polo tanto, os hortos son só unha parte do conxunto da actuación, enmarcada no proxecto LIFE.

Ademais, lembra que só Lugo, xunto con Andalucía, conseguiu estes fondos vinculados á loita contra o cambio climático dos centenares que se presentaron de toda España, cunha moi alta valoración, como así se lembrou na reunión mantida cos representantes da Comisión Europea que se achegaron a Lugo a pasada semana a realizar un seguimento dos proxectos.

Neste senso, o goberno municipal lamenta a estreiteza de miras do GM do PP que se dedica unicamente a intentar desprestixiar de forma sistemática cada proxecto ou estratexia innovadora que a alcaldesa, pon en marcha para deseñar o futuro de Lugo, en concordancia coas directrices e o respaldo da Unión Europea, situando ao municipio como referente e á vangarda en materia de sustentabilidade a nivel internacional.

O Goberno local téndelle a man ao PP para que coñezan de maneira máis pormenorizada o proxecto desta novos e innovadores espazos verdes, xa que non se molestaron en solicitar información ao respecto. Se foxe así, quizáis a concelleira Mar Carballas, que cobra un soldo público tamén para estar informada dos proxectos municipais, dos que o seu grupo parece non informarlle, sería máis veraz nas súas críticas.