Skip to main content
Chantada

Chantada estrea o Banco Peregrino interactivo

Por 29 Abril, 2022Abril 30th, 2022Sin comentarios

O Concello de Chantada inaugurou esta semana o Banco Peregrino, un banco interactivo caracterizado cunha gran frecha amarela que indica a dirección do Camiño. O banco atópase na Alameda, a carón do río Asma, un lugar ideal para facer unha pausa antes de achegarse ao casco histórico.

O banco conta dun código QR con información de interese da vila. Tamén lembra a distancia real que queda dende ese punto ata a catedral compostelá, 103 quilómetros.

A inauguración deste banco coincide coa promoción do Camiño de Santiago, a volta a normalidade e o Ano Xacobeo.

É ano Santo aqueles nos que o 25 de xullo, festividade do martirio do Apóstolo Santiago coincide en domingo. Nesta ocasión en 2020 anunciouse que o Ano Xacobeo 2021-2022 duraría dous anos co obxectivo de que todos os peregrinos e devotos poidan visitar a Catedral de Santiago de maneira segura ante a Covid 19.