Skip to main content
Monforte

Xornada de portas abertas no Museo do Ferrocarril de Monforte

Por 19 Abril, 2022Abril 20th, 2022Sin comentarios

Despois da gran afluencia de público que visitou as instalacións do Museo do Ferrocarril de Monforte en semana Santa, o Muferga organiza para os días 6 e 7 de maio unhas Xornadas de Portas Abertas no Museo. Será os días 6 e 7 de maio de 11.00 a 14.00 horas (venres e sábado) e contará cun programa de actividades especial.

O venres 6 de maio poñerase no aire o programa de Radio de Onda Cero Má dun Monforte presentado por Manola Porto que se emitirá en directo desde o coche Bar situado no Parque Infantil de trens tripulados de 5 polgadas.

Desde as 10.00 da mañá e ata 14.00 horas do sábado 7 e domingo 8, primeiro será o concurso de Radio en Onda Curta, banda de 40 metros con propagación para a España Insular e Peninsular co indicativo especial de chamada “EH 1 MFG ( Museo Ferrocarril de Galicia), dirixido e coordinado pola Agrupación de Radioaficionados de de HF do Valle de Lemos. Trátase de difundir por este medio o labor do Muferga no que se refire á posta en valor do Patrimonio Industrial Ferroviario de Galicia. Os participantes recibirán unha tarxeta QSL relacionado co Muferga. Ao primeiro clasificado enviaráselle un trofeo relacionado co mundo do ferrocarril.

Os días 6 e 7 haberá circulacións especiais dos trens de 5 polgadas.
Para os máis pequenos poñeranse en marcha os trens infantís tripulados de 5 polgadas que circularon pola rede máis extensa de España neste ancho. Será de 11.00 a a 14.00 horas.

Eses mesmo días (venres 6 e sábado 7) tamén circulará totalmente gratis o tren á rotonda edificio destacado do Patrimonio Industrial Europeo. Farao ás 12.30 e 17.30 horas. Ademais do anunciado, pódese visitar a unidade ferroviaria portuguesa 592 que se atopa estacionada nas instalacións do Muferga.

O programa inclúe a pota ferroviaria organizada polos membros da Asociación de Amigos do Museo ( Muferga).