Skip to main content
Ribas de Sil

Comezan as últimas obras do Xeocamping de Ribas de Sil

Por 14 Abril, 2022Sin comentarios

Dan comezo as últimas actuacións que permitirán dar por finalizadas as instalacións do Xeocamping de Ribas de Sil. Estras obras enmárcanse no plan hurbe da Xunta de Galicia.

Desta forma, iniciaron os últimos traballos que consisten na construción dos viais interiores en zahorra con bordillo de tacos de lousa, aporte de terra vexetal e instalación de regadío automático nas zonas verdes, iluminación, sinalización, área de servizos para autocaravanas, aparcadoiro de vehículos, delimitacion de parcelas de acampada, mobiliario urbano, miniparque infantil etc…

Para levalas a cabo foi necesario unha última inversión de 90.000 euros financiados nun 70% pola Xunta de Galicia e un 30% con cargo a fondos propios do concello. O prazo para finalizar as obras será de dous meses. Cando rematen as obras, as instalacións serán legalizadas en Turismo (xa existe informe previo favorable).

Posteriormente o concello sacará a concurso a concesión administrativa para a explotación do Xeocamping de Ribas de Sil onde tamén quedará unha explanada libre de case que 2000 metros cadrados para futuras ampliacións.