Skip to main content
LáncaraSarria

A nova liña de alta velocidade suporá a expropiación de terreos en Láncara e Sarria

Por 18 Abril, 2022Abril 19th, 2022Sin comentarios

A nova liña de alta velocidade Ourense-Monforte-Lugo suporá a expropiación de preto de cen parcelas dos concellos de Sarria e Láncara. Isto ven dado polo proxecto de prolongación da variante do tren da Pobra de San Xiao.

A documentación sobre estas expropiacións pode consultarse polos interesados para presentar as alegacións pertinentes no Concello de Láncara, no de Sarria, na Subdelegación do Goberno de Lugo, na dirección de proxectos de rede convencional do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias en Madrid e no portal de transparencia deste organismo.

En total son 94 terreos de Láncara e 18 de Sarria que suman 102.375 m2 correspondendo 93.344 ao municipio de Láncara. Ademais, na relación de terreos tamén se contemplan 11.689 m2 de servidumes e 31.748 m2 de ocupación temporal

O proxecto inclúe 1,5 quilómetros entre os dous concellos onde se prevé a construción dunha plataforma de vía dobre de alta velocidade que incluirá a conexión coa liña León-A Coruña.

Adif expón un trazado que terá como velocidade máxima 220 quilómetros por hora e mínima de 160 para o tráfico mixto.

Nesta obra tamén se inclúe un falso túnel con unha lonxitude de 300 metros, aproximadamente, que se localizará en Ronfe entre os núcleos da Costa e do Barrio.

Por outra banda, a instalación da liña aérea de contacto será compatible co proxecto de electrificación Monforte-Lugo.