Skip to main content
BegonteDeportes TERRACHÁXA

O programa Básket no Rural dá comezo en Begonte cunha viaxe a ver o Breogán

Por 9 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello de Begonte uniuse ao proxecto formativo Básket no rural, co que se pretende achegar todos os beneficios do baloncesto aos rapaces  e rapazas do Concello.

Da man do Club Baloncesto Breogán SAD, a Fundación Breogán realizará durante 5 semanas distintas actividades co obxectivo de dinamizar a poboación e sentar as bases para que, nun futuro cercano, nenos/as e adolescentes poidan desfrutar dun deporte como o baloncesto.

O programa inclúe adestramentos, formación en nutrición, hábitos saudables, charlas sobre mulleres emprendedoras no rural, asistencia a partidos do CB Breogán, agasallos e unha morea de actividades máis.

O programa dará comezo a finais do mes de maio pero este mes haberá un avance do programa cunha viaxe a Lugo para ver ao Breogán no seu partido co Baxi Manresa que terá lugar o xoves 13, ás 18.00 horas no Pazo Provincial dos Deportes.

Esta actividade está dirixida á rapazada de Begonte de 7 a 16 anos que estén empadroados, escolarizados ou nas escolas deportivas muncipais. Haberá un bus dende a praza do Concello ás 16.30 horas.

As persoas interesadas teñen de prazo ata o 12 de abril para anotarse.