Skip to main content
Cospeito

A 38 edición da Moexmu abriu onte as súas portas en Muimenta

Por 2 Abril, 2022Sin comentarios

A Moexmu 2022 arrancou na tarde do venres co Concurso de Novos Preparadores de Gando, xulgado polo portugués Henrique Moniz. Proclamouse gañadora Lorena Rodríguez Alvite, de Pol; o segundo premio foi para Lorena Iglesia Vila, da Pastoriza, e nos postos terceiro e cuarto foron colocados Xabier Gamontes Vilar, de Rodeiro, e Mario Noia Varela, de Val do Dubra, respectivamente.

O certame deu o pistoletazo de saída para a celebración da 38.ª edición de Móstraa Exposición de Muimenta (Moexmu), que continuará durante toda a fin de semana no recinto feiral Manuel Vila, no Concello de Cospeito, a feira multisectorial refencia, que conta cunha importante presenza de gando, maquinaria agrícola e gandeira e artesanía.

O programa foi elaborado para a XXXVIII edición da Mostra Exposición de Muimenta, o XXXVI Concurso de Gando Frisón, a XXXVI Exposición de Gando de Raza Rubia Galega e a XXVI Poxa de Gando Selecto. A maiores, o Recinto Feiral Manuel Vila López acollerá este ano o XXX Concurso Autonómico de Raza Frisona Fefriga 2022.

Igualmente, a comisión organizadora da Moexmu consolida o seu programa de actividades para o domingo 3 de abril, a partires das 16:30 horas co IV Campionato de raza Can de Palleiro, no propio Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta.

Dito concurso está reservado para os cans da mencionada raza, inscritos no Libro de Oríxenes da Xunta de Galicia e maiores de tres meses. O mesmo é puntuable para o XVI Monográfico de raza Can de Palleiro 2022.

Está previsto que nesta edición participen más de 200 animais dunhas 28 explotacións das provincias de Lugo, Pontevedra e A Coruña. Está valorado no seu conxunto en 484.5000 euros.

O pregón estivo a cargo do xornalista Antón Losada, que é habitual colaborador da Cadena Ser, e doutros medios de comunicación a nivel estatal, como El Diario, La Opinión o El Periódico de Catalunya. Tamén foi director de Radio Voz en Madrid, a mediados da década dos 90.

ACTIVIDADES PARALELAS

Nesta edición permanecerá aberto o Museo da Zoca e da Escola Vella (ubicados no campo da Igrexa Vella) por parte da directiva de Xotramu en horario de tarde, de 17.30 a 19.00 horas, o sabado e o domingo tamén de mañá de 12 a 13 horas. A entrada sera gratuíta.

Nas oficinas da Moexmu haberá unha exposición de traxe tradicional, así como pedzas de cantería, a través do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación.

O venres pola tarde, entre as 15.30 e as 18.00 horas terá lugar no salón de actos do centro sociocultural de Muimenta unhas xornadas técnicas para gandeiros, organizadas por Severiano Agrocomercial.

O venres será o día dedicado á veciñanza con entrada de balde.  O sábado e o domingo a entrada será de 3 euros para os maiores de 12 anos.