Skip to main content
Cospeito

Remata a Moexmu cun novo éxito de público e gando

Por 4 Abril, 2022Sin comentarios

A Moexmu chegou este domingo ao seu fin tras unha ampla sesión de concursos de gando, de can de palleiro, actividade comercial, demostracións e unha ampla programación de actividades que deixaron a Muimenta na capital do agro.

Tras dous anos sen celebrarse a Moexmu non decepcionou e reuniu a centos de asistentes para ver as 160 cabezas de gando procedentes de toda Galicia.

Premios para o mellor gando e os mellores manexadores completaron unha sesión intensa que se prolongou durante dúas xornadas e media.