Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAFriolFriol TERRACHÁXA

Friol recupera a carreira popular cunha gran participación

Por 10 Abril, 2022Sin comentarios

Friol recuperou este sábado unha das súas citas máis seguidas, a carreira popular, que contou cunha altísima participación, con preto de 200 atletas de todas as idades, e un espectacular ambiente deportivo, que estivo amenizado polo bo tempo da xornada.

Ivo Maseda, cun tempo de 16 minutos e 23 segundos, foi o gañador da carreira na categoría absoluta masculina e María Cedrón na feminina cun crono de 18 minutos e 40 segundos.

Na masculina, a segunda praza foi para Adrián Castro e a terceira para Iván Manso. Na feminina os reto do podio completouse con Zelinda Spencer e a local María Carballido.

Na categoría sub 14 os gañadores foron César Fouce en homes e Carla Vázquez en mulleres. Tamén Sofía López gañou en sub 12, seguida de Carla Espín e Brais Costa. En sub-10 os premios foron para Thiago Ceide, Sabela Sánchez e Roi Ramos, para pechar o podio os prebenxamíns, entre os que venceu Noa Castro, seguida de Pablo López e Alejandro Amil.