Skip to main content
MeiraRiotortoRiotorto AMARIÑAXA

Ermitas Rodríguez, nomeada presidenta da asociación Avelino Díaz

Por 26 Abril, 2022Sin comentarios

A Asociación Cultural Avelino Díaz rematou co seu proceso asambleario para a renovación da súa directiva que vén de facer público nombrando a Ermitas Rodríguez Gómez, do colectivo M de Meira, como presidenta.

Xunto a ela estará como vicepresidenta Azucena Gavín Reigada, Isabel Pin Díaz como secretaria e Eloi Treigas Foxaca, de Arrincadeira, de tesoureiro.

Completan a directiva 14 vogais: Rosa Bello e Amalia Jartín das mulleres Rurais de Meira; Federico Cachafeiro; Luz Iglesias e Antonia Ónega Cortón do CEIP Avelino Díaz; Yoani Jartín e Agustín Méndez do Concello de Meira; José Luis Lorido do de Riotorto; Mario Outeiro do IES Pedregal de Irimia; Nievel Pérez e Araceli Pillado da asociación de veciños Fomiñá; Teresa Rielo da confraría Nosa Señora do Pedregal; Carlos VEiga da asociación de veciños da Órrea, e Paco Veiga, da AGXPT.

A nova Xunta Directiva comezou xa a súa actividade e agarda seguir contando coa participación activa de toda a comarca na procura do recoñecemento que a obra e o legado de Avelino merecen.