Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAMuras

Abre a inscrición para o Trail das Bestas

Por 3 Abril, 2022Sin comentarios

O Concello de Muras, organizador do Trail das Bestas abriu este venres, 1 de abril, o prazo de inscrición para a quinta edición que se celebrará o 17 de xullo, domingo, mantendo a idea do cambio de adiantar a súa celebración ao verán e non en novembro como era costume.

A organización fixo esta convocatoria adiantado que quedarán supeditados ao que suceda coa situación sanitaria pero que nun principio haberá 500 prazas.

A que será a quinta edición soe ter un percorrido circular con saída e meta na Área Recreativa da Veiga despois de percorrer un circuíto marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces a carón da localidade de Muras chegando á Serra do Xistral no seu punto máis lonxano. A organización establece tres distancias diferentes para percorrer e unha andaina.

Así haberá a maratón, de 43 quilómetros, e un desnivel de 2050; a de 27 quilómtros, con desnivel de 1250 e a de 14 con desnivel de 550, que será o mesmo percorrido para a andaina.

A competición arrancará ás 8.30 horas coa saída da maratón. Media hora máis tarde sairán os autobuses da Veiga de cara a Os Curuxos de onde sairá o seguinte percorrido. As 10.00 sairá a carreira dos 14 quilómetros seguida da andaina.

A previsión é facer a entrega de premios a partir das 13.30 horas.

Tamén se establecen diferentes categorías, absoluto e veterán, neste caso para os nados antes do 1976.

A inscrición e todos os datos da carreira poden consultarse na web da proba, traildasbestas.com.