Skip to main content
A Pastoriza

Rematan as obras da balsa de Vián na Pastoriza

Por 16 Abril, 2022Abril 17th, 2022Sin comentarios

O Concello da Pastoriza rematou as obras de construción dunha balsa contraincendios e servizos gandeiros na parroquia de Vián.

Trátase dunha obra moi esperada e demandada pola veciñanza que conta con 23.400 euros de orzamento a cargo do Plan Único da Deputación provincial.

Esta infraestrutura súmase ás de Miñotelo (Aguarda) e Bretoña, que foron construídas o ano pasado.

Trátase dunha balsa de grandes proporcións que ten a dobre finalidade de utilizarse como depósito de auga para o servizo de protección contra incendios e tamén para usos gandeiros, xa que se pode utilizar para alimentar ao gando nos tempos de seca.

Así mesmo, o persoal municipal encargouse tamén do arranxo da pista de acceso a esta balsa.